Convención Europea de Dereitos Humanos

A Convención Europea de Dereitos Humanos foi adoptada polo Consello de Europa en 1950 e entrou en vigor en 1953. O nome oficial da Convención é Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais. Ten por obxecto protexer os dereitos humanos e as liberdades fundamentais, permitindo un control xudicial do respecto de devanditos dereitos individuais, e fai referencia á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948.

Co fin de permitir un control do respecto efectivo dos dereitos humanos, a Convención instituíu o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (ou Corte Europea de Dereitos Humanos), efectiva en 1954, e o Comité de Ministros do Consello de Europa.

O Consello de Europa non debe ser confundido co Consello da Unión Europea, que non é unha parte comprendida na Convención (a pesar de estár adherida á Convención polo Tratado de Roma de 2004) e non ten ningún papel na administración do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. En tanto, a Convención exerce unha certa influencia sobre o Dereito da Unión: por exemplo, a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, no seu preámbulo, "reafirma [...] os dereitos recoñecidos especialmente por [...] a xurisprudencia [...] do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos".

A Convención evolucionou co paso do tempo e comprende diversos protocolos adicionais. Por exemplo, o Protocolo N° 6 prohibe a pena de morte, excepto en caso de guerra.

O convenio foi ratificado por España con data 26 de setembro de 1979, publicado no Boletín Oficial do Estado de 10 de outubro de 1979.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre dereito é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.