Convención Americana sobre Dereitos Humanos

A Convención Americana sobre Dereitos Humanos (tamén chamada Pacto de San José de Costa Rica ou CADH) foi subscrita, tras a Conferencia Especializada Interamericana de Dereitos Humanos, o 22 de novembro de 1969 na cidade de San José de Costa Rica e entrou en vixencia o 18 de xullo de 1978. É unha das bases do Sistema interamericano de protección de dereitos humanos.

Os Estados partes nesta Convención comprométense a respectar os dereitos e liberdades recoñecidos nela e a garantir o seu libre e pleno exercicio a toda persoa que estea suxeita á súa xurisdición, sen discriminación algunha".

Se o exercicio de tales dereitos e liberdades non estiver xa garantido por disposicións lexislativas ou doutro carácter, os Estados partes están obrigados a adoptar medidas lexislativas ou doutro carácter que foren necesarias para facelos efectivos.

Ademais, establece a obrigación, para os Estados partes, do desenvolvemento progresivo dos dereitos económicos, sociais e culturais contidos na Carta da Organización dos Estados Americanos, na medida dos recursos dispoñíbeis, por vía lexislativa ou outros medios apropiados.

Como medios de protección dos dereitos e liberdades, establece dous órganos para coñecer dos asuntos relacionados co cumprimento da Convención: a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos e a Corte Interamericana de Dereitos Humanos.

Contido editar

Esta Convención consagra diversos dereitos civís e políticos, entre outros: o dereito ao recoñecemento da personalidade xurídica, o dereito á vida, dereito á integridade persoal, dereito á liberdade persoal e garantías xudiciais, dereito ao respecto da honra e recoñecemento da dignidade, a liberdade de conciencia e de relixión, a liberdade de pensamento e de expresión, e o dereito a asociarse libremente.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar