Control Machete foi un grupo mexicano de música hip hop con orixe en Monterrey. Estaba integrado polo DJ e tecladista DJ Toy Selectah, o vocalista Pato Machete e o vocalista Fermín IV.

Control Machete
OrixeMonterrey (Nuevo León), México
Período1996-2004
Xénero(s)hip hop, rap, gangsta rap, rap metal
Selo(s) discográfico(s)Universal Music Group
PolyGram
Antigos membrosFermín IV
Pato Machete
DJ Toy
Na rede
http://www.myspace.com/controlmachete
MySpace: controlmachete Spotify: 628gUkswCfCS1hIOOHmIpK Musicbrainz: 38c8254f-ceac-460d-9123-5af2d7a4fc7e Songkick: 458451 Discogs: 309062 Editar o valor em Wikidata

Historia do grupo editar

Baixo a produción de Jason Roberts, e con influencias de Cypress Hill, gravaron o seu primeiro álbum Mucho Barato; considerado un precursor do hip hop mexicano, xa que con el o xénero chegou a un nivel máis alto de popularidade. O seu sinxelo "¿Comprendes Mendes?" foi o que lles deu popularidade inmediata e soou intensamente por moito tempo sendo a súa canción máis coñecida.

Logo do éxito de Mucho Barato, Control Machete volveu entrar nos estudos, esta vez para producir un disco máis elaborado que o anterior: Artillería pesada presenta.... Este álbum incluía grandes éxitos como "Sí Señor", e ata se empregou como fondo para un comercial de televisión de Levi's para a Super Bowl, o que lles outorgou éxito internacional.

Discografía editar

Álbums editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar