En arquitectura, un contraforte[1] é unha forma prismática, especie de columna, acaroada a un muro, que serve para reforzar os puntos de apoio de arcos ou trabes, ou ben ao mesmo muro ou parede pola parte exterior dun edificio. Os pesados contrafortes das construcións románicas contrastan cos estilizados das góticas.

Contrafortes na Basílica de San Martiño de Mondoñedo.

No gótico aparece un contraforte composto, que consta de botarel e arcobotante.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para contraforte.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.