Consuelo Alonso González
Consuelo Alonso González, coñecida como A comunista, nada en Xixón en 1898 e finada en Lugo o 13 de maio de 1938, foi unha militante comunista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Xixón, España |
Morte | 13 de maio de 1938 (39/40 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | A comunista |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Chegou a Monforte de Lemos co seu home Ángel Pérez Muñoz, natural de Valladolid, que en novembro de 1930 tomou posesión do cargo de alguacil do Xulgado de Monforte. Era vendedora de periódicos. No bienio negro o matrimonio sufriu represalias polas súas ideas políticas, Consuelo foi detida e Ángel foi expedientado por desacato. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu abusos por un grupo de falanxistas, que lle raparon o pelo; acusada polos sublevados de facer propaganda da Fronte Popular, foi detida o 29 de decembro de 1937. O 9 de febreiro de 1938 foi conducida a Lugo e sometida a un consello de guerra o 14 de febreiro, acusada de adhesión á rebelión militar con agravante. Condenada a morte, foi fusilada o 13 de maio de 1938. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937 e foi condenada en xullo de 1941 polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña con 100 pesetas de sanción, que debería facerse efectiva con cargo á súa herdanza; por carecer de bens, nunca foron abonadas.
Vida persoal editar
Casou con Ángel Pérez Muñoz e tivo catro fillos.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 20. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Souto Blanco, María Jesús (2006). "Consuelo Alonso, unha morte construída". Unión Libre (11): 89–103.