Constantino X Ducas

Constantino X Ducas, nado en 1006 e finado en maio de 1067, foi emperador do Imperio Bizantino entre 1059 e 1067. Foi nomeado sucesor por Isaac I Comneno, antes de retirarse a un mosteiro, grazas ao consello de Miguel Psellos.

Infotaula de personaConstantino X Ducas

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Κωνσταντίνος Ι΄ Δούκας Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1006 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Anatolia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1067 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
24 de novembro de 1059 – 22 de maio de 1067
← Isaac I ComnenoRomano IV Dióxenes → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia dos Ducas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEudocia Makrembolitissa
FillosAndrónico Ducas (pt) Traducir, Miguel VII Ducas, Teodora Ana Ducaina Selvo (pt) Traducir, Anna Doukaina (en) Traducir, Constâncio Ducas (pt) Traducir, Zoe Doukaina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJoão Ducas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Doukas-14 Find a Grave: 52245379 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Constantino estaba casado con Eudocia Macrembolitissa, sobriña de Miguel Cerulario. Tanto Eudocia como Miguel Psellos foron figuras moi poderosas durante o seu reinado. Valedor da aristocracia civil de Constantinopla, foi bastante impopular. Limitou considerabelmente o financiamento do exército, o que se traduciu en importantes perdas territoriais. Durante o seu reinado, perdéronse case todas as posesións bizantinas en Italia (fóra dun exiguo territorio ao redor de Bari) a mans do normando Roberto Guiscardo; tamén se produciron as invasións dos selxúcidas, guiados por Alp Arslan, quen conquistaron Armenia e Capadocia. Constantino, que xa era ancián cando accedeu ao poder, morreu en 1067.

Imperio Bizantino

Segue a:
Isaac I Comneno
Constantino X Ducas
Precede a:
Romano IV Dióxenes
Dinastía Ducas-Comneno

Véxase tamén editar

Bibliografía editar