Consello de Gobernadores do Reino de Portugal

Por morte do Cardeal-Rei Henrique I de Portugal, o 31 de xaneiro de 1580, estando aínda a funcionar as Cortes de Almeirim para debater sobre o complicado problema da sucesión da coroa de Portugal, tomou posesión dun Consello de Gobernadores do Reino, nomeado polo Cardeal (o cal, sentindo a morte inminente, e ver se incapaz de escoller un novo rei entre os varios pretendentes, non quería deixar o reino na anarquía) a fin de exercer interina o goberno do reino, ata que se decidise sobre quen tiña lexitimidade para gobernar.

Eran cinco os gobernadores do Reino:

  • Xurxo de Almeida, arcebispo de Lisboa;
  • Francisco de Sá Menezes, camareiro-mor do reino;
  • Xoán Tello;
  • Xoán de Mascarenhas;
  • Diogo Lopes de Sousa.

Tendo as Cortes que disolverse pouco despois sen deliberar sobre a sucesión, acabaron os Gobernadores do Reino - comprados polas dobras castelás ofrecidas por Cristóbal de Moura - por decidir ser Filipe II de España o lexítimo herdeiro do trono de Portugal e Algarve e os seus señoríos ultramarinos. Apenas Xoán Tello mostrouse contra este nome.

En virtude desta toma de decisión, o pobo de Santarém viría a rebelarse e aclamando como rei de Portugal o Prior do Crato, Antonio, o 24 de xullo de 1580. Poucos días máis tarde entraba en Lisboa triunfal, onde foi recibido con idéntico entusiasmo, o que levou os Gobernadores a fuxir con receo para Setúbal, e de aí cara a Ayamonte, onde declararon sucesor lexítimo da Coroa o rei de España Filipe II, e dándolle así un pretexto para invadir militarmente o reino, tendo en conta apossandose do que, agora, pertencíalle de dereito.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.