Congreso Internacional da Lingua Española

O Congreso Internacional da Lingua Española é un foro de reflexión sobre a lingua castelá no que se discute sobre a situación, problemas e retos da lingua. Realízase cada tres anos nalgunha cidade de España ou Hispanoamérica, e a súa organización está a cargo do Instituto Cervantes, que cumpre as funcións de secretaría xeral permanente dos Congresos, a Real Academia Española e a Asociación de Academias de la Lengua Española, así como o país organizador de cada edición.

Teatro El Círculo, sede do III Congreso en Rosario, na Arxentina.

O seu obxectivo é avivar a conciencia de corresponsabilidade de gobernos, institucións e persoas na promoción e na unidade da lingua, entendida como instrumento vertebrador da comunidade iberoamericana, no diálogo con outras linguas que son vivo patrimonio común dela. Os participantes son escritores, académicos, intelectuais, profesionais e expertos relacionados coa lingüística, as comunicacións e a lingua castelá.

Congresos realizados editar

Edición Data Cidade País Lema
I Entre o 7 e o 11 de abril de 1997 Zacatecas   México "A lingua e os medios de comunicación"
II Entre o 16 e o 19 de outubro de 2001 Valladolid   España "O idioma español na sociedade da información"
III Entre o 17 e o 20 de novembro de 2004 Rosario   Arxentina "Identidade lingüística e globalización"
IV Entre o 26 e o 29 de marzo de 2007 Cartaxena de Indias   Colombia "Presente e futuro da lingua española. Unidade na diversidade"
V Suspendido[1] (programado entre o 2 e o 6 de marzo de 2010) Valparaíso   Chile "América na lingua española"
VI Entre o 20 e o 23 de outubro de 2013 Panamá   Panamá "O español no libro"
VII Entre o 11 e o 19 de marzo de 2016 San Xoán   Porto Rico "Lingua española e creatividade"
VIII Entre o 27 e o 30 de marzo de 2019[2] Córdoba[3]   Arxentina "América e o futuro do español. Cultura e educación, tecnoloxía e emprendemento"
IX Maio de 2022 Arequipa[4]   Perú

Controversias editar

 
Cartel do "Congreso de laS LenguaS".

No primeiro Congreso, o relatorio de Gabriel García Márquez, titulado Botella al mar para el dios de las palabras, abogou pola "xubilación da ortografía".[5] De xeito simultáneo á realización do terceiro Congreso en Rosario, o arxentino Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz, inaugurou o 1º "Congreso de laS lenguaS" (sic) para reivindicar a recuperación da memoria e a identidade das linguas dos pobos indíxenas de América. Por outra banda, cancelouse a participación da lingüista Nélida Donni de Mirande, acusada pola Universidade de Rosario de colaborar coa última ditadura militar na Arxentina (1976-1983).

Notas editar

  1. O V Congreso foi suspendido por mor dun forte terremoto que sacudiu o país menos dunha semana antes.
  2. http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/ya-tiene-fecha-el-congreso-de-la-lengua-en-cordoba
  3. "Córdoba será sede del VIII congreso internacional de la lengua española 2019". Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2017. 
  4. "García Montero firma este lunes en Perú el acuerdo para organizar en 2022 el IX Congreso Internacional de la Lengua Española". Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  5. García Márquez, Gabriel (1997). "Botella al mar para el Dios de las palabras". I Congreso Internacional da Lingua Española. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar