Confraría relixiosa

Unha confraría ou irmandade é unha asociación de fieis católicos, pública ou privada, establecida conforme aos canons do Título V do Código de Dereito Canónico.

As confrarías reúnen aos crentes ao redor dunha advocación de Cristo, da Virxe ou dun santo, un momento da Paixón ou unha reliquia, con fins piadosos, relixiosos ou asistenciais. De tal modo poderíase falar de irmandades sacramentais, cristolóxicas, marianas, santísticas, de ánimas, mixtas, paixonarias etc. Pero de forma xeral, e á marxe do establecido polo Dereito, admítense, tradicionalmente, tres tipos de confrarías:

  • Penitenciais, as que fan pública estación de penitencia en Semana Santa.
  • Sacramentais, as que cultivan, como obxectivo básico, a devoción e adoración cara ao Santísimo Sacramento.
  • De Gloria, que é como se denomina, nalgunhas partes, ás irmandades que non encadran en ningún dos dous segmentos anteriores; normalmente, fomentan o culto a algunha advocación mariana ou a algún santo.

Moitas confrarías adoitan organizar unha procesión, polo menos unha vez ao ano, ben soas ou reunidas a outras confrarías.