Conduto arterioso

O conduto arterioso é unha formación vascular embrionaria que comunica a arteria pulmonar coa aorta.

Función editar

A súa función é a de levar o sangue venoso procedente do ventrículo dereito ata a arteria aorta. Deste xeito, impídese a chegada dun gran fluxo de sangue aos pulmóns, xa que o feto non respira, senón que se nutre a través do cordón umbilical.

Mecanismo de peche editar

Tras o nacemento, péchase polo seguinte mecanismo: Nun primeiro momento, o neno nace e comeza a primeira inspiración. Co aumento da presión, prodúcese o peche do conduto e, ao mesmo tempo, detense a produción de prostaglandinas no interior do conduto, facendo que este se oblitere. A partir de entón, deixa de pasar sangue das arterias pulmonares á aorta. O sangue osixenarase agora nos pulmóns. Un mecanismo semellante ocorre nos vasos umbilicais, que tras o nacemento, péchanse.

Durante os primeiros meses de vida o vaso vaise enchendo de fibras ata que o que queda é un ligamento, chamado ligamento arterioso. A persistencia dun conduto permeable xera unha cardiopatía severa, que debe ser corrixida con cirurxía.