Denomínase condensación o proceso físico que consiste no paso dunha substancia en forma gasosa á forma líquida. Trátase xa que logo do proceso inverso ao da vaporización. De se producir directamente un paso de estado gasoso a estado sólido estariamos perante un proceso chamado sublimación inversa.

Vapor de auga condensado tras entrar en contacto coa superficie fría dunha botella

Características editar

 
Condensación nunha xanela

Aínda que o paso de gas a líquido depende, entre outros factores, da presión e da temperatura, xeralmente coñécese como condensación ao tránsito que se produce a presións próximas á ambiental. Cando se emprega unha sobrepresión elevada para forzar esta transición, o proceso pasa a denominarse licuefacción.

O proceso de condensación adoita acontecer cando un gas é arrefriado até o punto de resío. Porén, este punto tamén pode acadarse mediante variacións de presión. O equipo industrial ou de laboratorio necesario para realizar este proceso de maneira artificial chámase condensador.

As interrelacións entre os parámetros que determinan a condición do aire húmido represéntanse nos diagramas psicrométricos. A condensación é un proceso no que conflúen os factores de enerxía e entropía; namentres que o estado líquido é máis favorábel desde o punto de vista enerxético, o estado gasoso é o máis entrópico.

De a
Sólido Líquido Gas Plasma
Sólido Transformación de sólido a sólido Fusión Sublimación -
Líquido Solidificación N/A Ebulición/Evaporación -
Gas Sublimación inversa Condensación N/A Ionización
Plasma - - Recombinación/Desionización N/A

Condensación na natureza editar

Na natureza dáse o proceso da condensación de vapor de auga ao baixar a temperatura, por exemplo, co orballo da madrugada. O vapor soamente se condensa nunha superficie cando a temperatura da devandita superficie é menor ca a temperatura do vapor. Durante este proceso a molécula de auga libera enerxía en forma de calor, a cal ocasiona unha sensación de temperatura maior nun ambiente moi cálido e húmido: a humidade condensada na nosa pel estanos a transmitir unha calor adicional. Asemade, esta humidade fai inútil o proceso natural de refrixeración por suor e evaporación. A temperatura ambiental tamén aumenta lixeiramente.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar