Concello de Cesuras

antigo concello da comarca de Betanzos

Cesuras foi un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. O 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión do concello co de Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[1]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Cesuras
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°10′22″N 8°11′54″O / 43.1728, -8.1982Coordenadas: 43°10′22″N 8°11′54″O / 43.1728, -8.1982
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.131 (2013) Editar o valor em Wikidata (26,78 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie79,56 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude389 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Disolución7 de xuño de 2013 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porOza-Cesuras Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15391 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15026 Editar o valor em Wikidata

Segundo o IGE en 2013 tiña 2131 habitantes (2174 no 2012, 2225 no 2011, 2209 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurán».

Xeografía editar

Situación editar

O concello tiña 79,46 km², repartidos en trece parroquias. Limitaba ao norte co Concello de Oza dos Ríos, ao sur con Mesía, ao leste, con Curtis e ao oeste con Abegondo.

Orografía editar

Estaba formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que contaba tamén con outeiros e chans fértiles cun clima morno e de boa ventilación. Os cumios máis importantes eran os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destacaba o de Filgueira de Barranca.

Hidrografía editar

 
Fervenza do Mendo.

O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servía de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruzamento da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.

O río Corbeiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e Castelo). O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.

Demografía editar

Evolución da poboación de Concello de Cesuras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4989 5572 6408 3740 2463 2219 2225 2174 2131
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia editar

Conserva Cesuras castros que falan de vellos asentamentos, se ben a súa historia comeza a singularizarse a partir da época cristiá, ó estar rodeadas estas terras de importantes mosteiros coma o de Sobrado dos Monxes ou San Salvador de Cinés, que exercen xurisdición sobre elas. Logo dos mosteiro virá o tempo dos señorios, Andrade e Traba repartirán este territorio.

En febreiro de 1809, a xente das parroquias de Carres, Cesuras, Mandaio, Trasanquelos,Loureda e Dordaño, movida polos párrocos, fai desaparecer dous escuadróns do tren de artilleria do sexto corpo do exército francés que ocupaba Galiza baixo o mando do mariscal Ney. Os soldados son soterrados nun piñeiral e o equipamento enviado ó marqués da romana que organizaba exército en Portugal. Só se salvou un cabo que dá conta do feito, provocando a represión sobre os homes e as mulleres das aldeas.[2][3]

Esta foi terra de acción da IV agrupación do exército guerrilleiro de Galiza, até a súa desaparición en 1947.

Fusión con Oza dos Ríos editar

En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Oza dos Ríos[4].

O 11 de xaneiro de 2013 o Concello de Cesuras aprobou en pleno da corporación municipal a súa fusión co Concello de Oza dos Ríos[5]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[1]

Galería de imaxes editar

Parroquias do antigo concello editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cesuras

Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Paderne (Santiago) | Probaos (Santaia) | Trasanquelos (San Salvador)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar