Comuna de Gambier

A comuna de Gambier (en francés, commune des Gambier) é unha unidade administrativa da Polinesia francesa, no distrito de Tuamotu-Gambier. Mangareva, como única illa habitada ao sur das Tuamotu, é a capital de comuna das illas Gambier e dos diversos atois ao sur das Tuamotu. A poboación en 2002 era de 1.097 habitantes. A capital é Rikitea, na illa de Mangareva. A comuna consta das illas Gambier e os atois máis meridionais das Tuamotu:

Ferri nas Gambier.
Ferri nas Gambier.
Mapa das illas Gambier
Mapa das illas Gambier
Localización das illas Gambier.
Localización das illas Gambier.

Illas Gambier editar

Son, ademais de Mangareva: Taravai, Akamaru, Aukena, Temoe, e diversos illotes.

Grupo Acteón (Groupe Actéon) editar

O grupo Acteón está formado por catro atois: Tenararo, Vahanga, Matureivavao e Tenarunga. Tamén se lle chamou grupo Matureivavao. Foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós, en 1606, que o describe como catro illas iguais coroadas de cocos. En diferentes relacións da viaxe sae como «as Catro Coroadas», «as Catro Irmás» ou «as Alagadas». En 1983 foron devastadas polos efectos dun ciclón.

Marutea Sur editar

Marutea Sur é un atol de 14 km² ao sur das Tuamotu. Foi descuberto por Quirós, que a chamou «San Telmo», «San Blas» ou «Curral de Auga». Explorado en 1791 por Edward Edwards mentres buscaba aos amotinados do Bounty, chamouno Lord Hood. É visitado ocasionalmente por pescadores de perlas. Chámaselle coa orientación sur para distinguilo de Marutea Norte, tamén nas Tuamotu.

María Este editar

O atol María tamén se chama a miúdo María Este para distinguilo do illote María nas Austrais. O nome é de orixe polinesio sen ningunha relación coa Vírxe María. Historicamente tamén se lle chamou Wright Lagoon e Moerenhout. É un atol cunha lagoa pechada e con cocos e pandanaceae.

Morane editar

Morane é un atol formado por unha lagoa pechada e tres illotes con cocos e pandanaceae, a 110 km ao oeste de Mangareva. Tamén se lle chamou Cadmus.

Atol
ou Illa
Capital Habitantes
2002
Superficie
(km²)
Lagoa
(km²)
Coordenadas
Illas Gambier
Mangareva Rikitea 870 15,4 23°06′S 134°58′O / -23.100, -134.967
Aukena Purirau[1] 31 1,35 23°08′S 134°54′O / -23.133, -134.900
Akamaru Tokani[1] 11 2,1 23°11′S 134°55′O / -23.183, -134.917
Kamaka   4 0,5 23°15′S 134°57′O / -23.250, -134.950
Taravai Agakono 3 5,7 23°09′S 135°02′O / -23.150, -135.033
Illas[2] 0 6 419[3] 23°08′S 134°57′O / -23.133, -134.950
Temoe 0 2,1 12 23°21′S 134°29′O / -23.350, -134.483
Atois da comuna Tuamotu-Gambier
Matureivavao 0 2,5 18 21°28′S 136°24′O / -21.467, -136.400
Tenararo 0 2 1,6 21°18′S 136°45′O / -21.300, -136.750
Tenarunga 0 2,2 5 21°21′S 136°32′O / -21.350, -136.533
Vahanga 0 2 5 21°20′S 136°39′O / -21.333, -136.650
Morane 0 2 11 23°09′S 137°08′O / -23.150, -137.133
Marutea Sur Auorotini 178 14 112 21°31′S 135°33′O / -21.517, -135.550
María Leste 0 3 7 22°01′S 136°11′O / -22.017, -136.183
Arrecifes somerxidos
Portland-Bank 0 0 8[4] 23°42′S 134°17′O / -23.700, -134.283
Arrecifes Minerva
(Ebril)
0 0 240 [4] 22°40′S 133°30′O / -22.667, -133.500
Arrecifes Bertero 0 0 22°04′S 133°37′O / -22.067, -133.617
Gemeinde
Gambier
Rikitea 1097 61 591

Os catro atois Matureivavao, Tenararo, Tenarunga e Vahanga forman o grupo Acteón.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Vila histórica, o actual non está no mesmo lugar
  2. Motus dos atois e illas na lagoa
  3. Superficie da lagoa nas illas Gambier
  4. 4,0 4,1 A lagoa sumerxida non entra na suma total