comida é cada unha das accións de comer, polo xeral a unhas horas máis ou menos fixas, que se fai a diario. Estes son o almorzo, o xantar, a merenda e a cea. En función da hora, do contexto social e cultural, os pratos que se consomen tenden a variar.

Tamén se chaman comidas ós almorzos, xantares, merendas ou ceas que se fan co gallo dunha festa, unha reunión, etc. na honra de alguén ou de algo.

Partes dunha comida editar

Os xantares e ceas consisten en principio das seguintes partes:

  • Aperitivo ou vermut, no que se serven alimentos lixeiros e que se poden servir con calquera bebida. Non é obrigatorio, e xeralmente faise en domingos ou en grandes comidas e festas.
  • O primeiro prato
  • O segundo prato
  • Sobremesa. Despois da sobremesa pódese tomar un café ou un dixestivos e pode facerse para romper a falar na mesa.

Ás veces, pode ser que no canto de facer un primeiro prato e, a continuación, un segundo, tamén cabe a posibilidade de comer un único prato.