Comets on Fire é unha banda estadounidense de noise rock procedente de Santa Cruz (California). Formárona no ano 1999 o guitarrista e vocalista Ethan Miller e o baixista Ben Flashman, que estaban buscando crear unha música rítmica e sonicamente intensa sen prestar atención ás categorizacións.

Comets on Fire
OrixeSanta Cruz (Ca),
Período1999 - 2008
Xénero(s)noise rock, blues punk, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Alternative Tentacles, Sub Pop
MembrosEthan Miller
Ben Flashman
Ben Chasny
Utrillo Kushner
Noel von Harmonson
Na rede
Twitter: comets_on_fire Tumblr: cometsonfire Bandcamp: cometsonfire Spotify: 369NbOi6NH1ThhB3gxFwqh Last fm: Comets+On+Fire Musicbrainz: a880b706-e103-4a3e-b381-1127d90012c7 Songkick: 132790 Discogs: 315109 Allmusic: mn0000114090 Deezer: 8930 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A banda comezou en 1999 e editou o seu álbum de estrea, Comets on Fire, en 2001 a través do selo Alternative Tentacles. Este álbum amosaba a influencia de grupos como Butthole Surfers, Hawkwind e MC5. O seu seguinte traballo, Field Recordings from the Sun, publicouse a través de en 2002 e contaba co novo batería Utrillo Kushner.

Antes do seguinte traballo a banda incluíu a Ben Chasny, de Six Organs of Admittance, á súa formación no ano 2003. Anteriormente xa gravara e actuara con eles. Con esta formación conseguiron un contrato con Sub Pop Records e editaron o aclamado Blue Cathedral. O disco fixo que máis público se fixase na banda e permitíulles actuar de abreconcertos de grupos como Sonic Youth, Dinosaur Jr. e Mudhoney. No ano 2006 editaron o seu cuarto álbum, Avatar que amosaba á banda alonxándose so seu son noise psicodélico para facer un son máis tenue ás veces próximo ao rock clásico.

Destacan polo seu forte uso do Echoplex (un efecto tape delay), usado principalmente nas voces, pero tamén noutros instrumentos.

A banda está en hiato dende unha pequena xira europea que realizaron no 2008. No múmero de febreiro/marzo do 2011 da revista Rock-A-Rolla, Ben Chasny dixo que non existían plans na actualidade de reactivar a banda.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Comets on Fire 2001 Alternative Tentacles
Field Recordings from the Sun 2002 Ba Da Bing Records
Blue Cathedral 2004 Sub Pop Records
Avatar 2006 Sub Pop Records