Columna de Nelson

A Columna de Nelson, Colún Nelson (en irlandés) ou Nelson Pillar (en inglés), coñecida frecuentemente en Dublín como Nelson's Pillar ou simplemente The Pillar, foi un piar coroado por unha estatua de Horatio Nelson que estaba situado no medio da actual O'Connell Street, en Dublín. O monumento foi erguido en 1808 e foi destruído por unha bomba en 1966.[1] Crese que o atentado foi obra do Exército Republicano Irlandés (IRA), aínda que a policía non puido identificar a ningún dos responsables.

A Columna de Nelson arredor de 1830.

Descrición editar

O monumento era unha columna dórica de 36,9 metros de alto e coroada por unha estatua de Horatio Nelson de catro metros de altura de pedra de Pórtland realizada polo escultor de Cork Thomas Kirk, dándolle unha altura total de 40,9 metros (10,7 metros menos que a Nelson's Collum de Londres). O diámetro da columna era de 4 metros no seu extremo inferior e de 3 na parte superior.[2]

Tódalas partes visibles da columna eran de granito de Kilbride, Condado de Wicklow. O interior era de calcaria negra.[2]

Notas editar

  1. Maurice Craig (1969), Dublin 1660-1860, Allen Figgis, Dublín
  2. 2,0 2,1 Patrick Henchy (1949), Nelson's Pillar, Dublin Historical Record, Volume X, no. 2

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar