Columba

constelación du hemisferio sur
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pomba (homónimos), Columba (homónimos).

Columba ou Pomba,[1] é unha pequena constelación xusto ó sur de Canis Major e Lepus. Foi sacada da constelación Canis Major por Augustin Royer, en 1679.

Columba
Columba
Nome latino Columba
Abreviatura Col
Xenitivo Columbae
Simboloxía Pombo
Ascensión recta 6 h
Declinación −35°
Área 270 graos cadrados

Rango 54°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante α Col (Phact)

(magnitude ap. 2,6)

Choiva de meteoros

Non

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +45° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro

Estrelas principais editar

A constelación chama moi pouco a atención pola súa baixa luminosidade, a estrela máis brillante é α Columbae que ten unha magnitude de 2.65m e é do tipo espectral B7. α Columbae é chamada Phact, que vén do árabe Al-Fakhita (o pombo). A outra estrela con nome propio é Beta, β, Columbae, que ten o nome de Wazn ou Wezn, ven do árabe é significa peso, ten unha magnitude aparente de 3,12 e é do tipo espectral K2.

A constelación contén unha estrela fuxitiva, μ Columbae, a cal probablemente foi exectada dende o sistema ι Orionis.

γ Col 4,36 - do tipo espectral B2; δ Col 3,85; ε Col 3,86; η Col 3,96; μ Col 5,18; ν1 Col 6,15; ν2 Col 5,28; ξ Col 4,97; ο Col 4,81; π1 Col 6,15; π2 Col 5,50; σ Col 5,52
72 Col 5,65

Obxectos Notables do espazo profundo editar

NGC 2090. AR: 05h 47m 00.0s Dec: -34°14'00" (Época 2000). Galaxia espiral a 1º ó leste de alfa Col.

NGC 1792. AR: 05h 05m 12.0s Dec: -37°59'00" (Época 2000). Galaxia Redonda. Nos límites de Columba e Caelum, 3º ó sueste de gama Caeli

NGC 1851. AR: 05h 14m 06.0s Dec: -40°03'00" (Época 2000). Cúmulo globular a 8º ó suroeste de alpha Col.

Mitoloxía editar

Dado que foi creada no século XVII, pola separación dunha constelación xa existente, non ten mitoloxía relacionada, de forma independente.

Pode referirse a pomba que os Argonautas envían para determinar se poden pasar polo estreito do mar negro. Tamén, é a pomba que Nóe utilizou na súa arca.

 
Columba, a Pomba, xunto ó Can Major.

Notas editar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar