Mopame

especie de planta
(Redirección desde «Colophospermum mopane»)

O mopane, Colophospermum mopane, é unha árbore da orde das fabales, familia das fabáceas, subfamilia das cesalpinioideas e tribo das detarieas, a única comprendida no xénero Colophospermum.

Mopane
Colophospermum mopane

Vista da árbore
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Caesalpinioideae
Tribo: Detarieae
Xénero: Colophospermum
Especie: C. mopane
Nome binomial
Colophospermum mopane
(Kirk ex Benth.) J.Léonard
Área de distribución de C. mopane
Área de distribución de C. mopane

Sinonimia
Véxase o texto
Follas de mopane
Un elefante ábrese paso nun bosque de mopanes no Parque nacional Etosha
Rama de mopane con verme do mopane (Gonimbrasia belina)

Taxonomía editar

Descrición editar

Colophospermum mopane foi descrita en 1866 por (Kirk ex Benth.) J.Léonard,[1] nun traballo publicado en Transactions of the Linnean Society of London 25: 316.[2]

Etimoloxías editar

  • O nome do xénero, Colophospermum, vén do grego antigo e significa "semente aceitosa", debido ás súas sementes resinosas. Colofón (latinizado Colophon) foi o lugar de nacemento de Homero en Xonia, e era famoso pola súa colofonia, unha substancia obtida da trementina o exsudado gomoso dalgunhas árbores.[3]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Copaiba mopane (J.Kirk ex Benth.) Kuntze (protónimo)
  • Copaifera mopane J.Kirk
  • Copaifera mopane J.Kirk ex Benth.
  • Hardwickia mopane (J.Kirk ex Benth.) Breteler

Características editar

As follas do mopane distínguense facilmente porque son compostas, teñen dous folíolos que toman entre ambos os dous a forma das ás dunha bolboreta. Onde se xuntan os dous folíolos advírtese o remanente dun terceiro. É unha árbore caducifolia (as follas caen en primavera e brotan en outubro, antes da estación das chuvias), ou semicaducifolio (as follas caen cando brotan as novas). Entre decembro e abril brotan as flores, pequenas e amarelas, a penas visíbeis. O froito ten forma ovalada ou de ril e madura entre abril e xuño.

Hábitat e distribución editar

Colophospermum mopane crece en lugares cálidos e secos, entre os 200 e os 1 150 m de altitude, no norte de Namibia, bo sur de Angola, no nordeste de Botsuana, en Zimbabue, no sur de Zambia e de Malaui e en Mozambique.

En Botsuana e Zimbabue, onde chove máis, pode alcanzar os 18 m de altura e, ao estaren moi xuntas as árbores, forman verdadeiras catedrais forestais. En zonas máis secas ou con xeadas invernais forman bosques abertos onde non supera os 2 m de atura.

Ecoloxía editar

Aos elefantes encántanlle as follas a as vaíñas do mopane, e é frecuente velos onde están estas árbores. Tamén lle gustan ás xirafas, aos rinocerontes e aosbabuínos. A estes últimos gústall un psílido que se alimenta da seiba* e que, na súa etapa xuvenil, é moi saboroso, o Arytaina mopani. Unha pequena abella tamén é característica visitante desta árbore, a Plebeina hildebrandti.[4]

A larva da bolboreta Gonimbrasia belina, coñecida como vderme do mopane, vive nas ramas desta árbore. É moi rica en proteínas e serve de alimento aos habitantes das rexións onde crece a árbore. A larva, que alcanza os 10 cm, pode ser comida torrada ou seca.

Usos editar

A madeira do mopane é moi dura e difícil de traballar. Úsase para a construción porque é moi resistente e non poden atacala as térmites. Tamén utilízase para fabricar travesas ferrocarril e os soportes das minas.

Ultimamente incrementouse o seu uso para fabricar instrumentos musicais, especialmente os de vento, pois é máis fácil de encontrar que Dalbergia melanoxylon, o ébano de Mozambique, usado para os clarinetes, gaitas e outros análogos.

Nos Estados Unidos e en Europa úsase cada vez máis como madeira decorativa polas súa cores e a súa textura, xa sexa para lámpadas, pés de esculturas, xardíns, terrarios etc. De feito, é unha madeira moi prezada en acuariofilia.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Colophospermum mopane (J.Kirk ex Benth.) J.Léonard no GBIF. Consultado o 21 de xullo de 2022.
  2. "Colophospermum mopane". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  3. Unha referencia á semente resinosa da especie pode verse en W. P. U. Jackson (1990): Origins and Meanings of Names of South African Plant Genera
  4. "PlantZAfrica", South African National Biodiversity Institute / Páxina Web Arquivado 28 de abril de 2021 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Breteler, F. J. et al. (1997): "Colophospermum reduced to Hardwickia (Fabaceae-Caesalpinioideae)". Bull. Mus. Natl. Hist. Nat., B, Adansonia 19: 279–291. [= Hardwickia Roxb.].
  • Brummitt, R. K. (2000): "Report of the Committee for Spermatophyta: 49". Taxon 49: 275–276.
  • Brummitt, R. K. (2005): "Report of the Committee for Spermatophyta: 57". Taxon 54: 1096.
  • Léonard, J. (1999): "Colophospermum n'est pas synonyme d'Hardwickia (Caesalpiniaceae). Conclusion d'une méthode objective de travail". Bull. Jard. Bot. Natl. Belg.67: 21–43.
  • Lewis, G., ed. (2005): Legumes of the world. Royal Botanic Gardens, Kew.
  • Smith, P. P. et al. (1998): "Proposal to conserve the name Colophospermum against Hardwickia (Leguminosae, Caesalpinioideae)". Taxon 47: 751–752.