Colexio Fingoi

centro de ensino en Lugo

Coordenadas: 42°59′53″N 7°33′13″O / 42.99806, -7.55361

O Colexio Fingoi é un centro de ensino privado da cidade de Lugo, cuxo primeiro director foi Ricardo Carvalho Calero.

Colexio Fingoi
Unha preparación para a vida[1]
Colexio Fingoi
Enderezo
Rúa da Aviación Española, 37.
27002 Lugo, Galicia Galicia
Datas
Creación1950
Educación
EnsinanzasInfantil, Primaria, ESO e Bacharelato
Xestión
TipoPrivado
Na rede
https://colexiofingoi.com
Facebook

Historia editar

Foi fundado no ano 1950 polo empresario Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico.[2] Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado implicado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador.[2]

Tivo como primeiro director a Ricardo Carvalho Calero, e como profesores a Anxel Xeán, José Cabanillas, Vicente Devesa, Chicha Fernández, Ana María Pardo Múgica, Luís Gómez Pacios, Carlos Varela Veiga, María Luisa Pumariño Vilela e tamén a Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Arcadio López Casanova.[2]

O colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da cultura galega. Para dignificar a cultura galega e introducila na escola, desde os anos corenta organizou Cursos de Formación para mestres rurais.[2]

No mes de xuño de 2010 tiveron lugar os actos de celebración do 60 aniversario da fundación do colexio.

Arquitectura editar

O edificio principal foi deseñado polo arquitecto galego Manuel Gómez Román.[3]

Notas editar

  1. "Colexio Fingoi". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Colexio Fingoi, Historia". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 
  3. Víctor F. Freixanes. «Manuel Gómez Román» La Voz de Galicia, 23/11/2014.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar