Colecistectomía é unha intervención clínico-cirúrxica consistenten na exéresis ou extracción da vesícula biliar. Malia terse desenvolvido técnicas non cirúrxicas, é a técnica máis común para tratar as distintas afeccións da vesícula biliar. As posibilidades cirúrxicas a colecistectomía por vía laparoscópica e a cirurxía aberta. Esta última foi a técnica empregada historicamente, máis invasiva e cruenta. Na actualidade a tendencia é a empregar a vía laparoscópica.

Colecistitectomía
Clasificación e recursos externos
Radriografía durante unha colecistectomía laparoscópica.
ICD-951.2
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Indicacións editar

As indicacións que se teñen en conta para realizar este tipo de intervención, é en doentes que posúan unha ou máis das seguintes doenzas e/ou condicións da vesícula como:

  1. Cálculos biliares (colelitiase).
  2. Inflamación por infección (colecistite).
  3. Dor abdominal intensa por mor dun cólico de vesícula.
  4. Bloqueo dos condutos biliares (obstrución biliar).

O resultado da colecistectomía é habitualmente satisfactorio. Os síntomas desaparecen por completo no 90% dos pacientes.

Riscos editar

Os riscos aos que se ven sometidos os doentes intervidos dunha colecistectomía son os riscos de calquera intervención baixo anestesia xeral:

  • Reaccións á medicación.
  • Problemas respiratorios.
  • Hemorraxias.
  • Infeccións.