Coleccionismo de selos

O coleccionismo de selos e obxectos relacionados como sobres cuñados (con ou sen selos) é un dos hobbys máis populares e o coleccionismo máis coñecido. Algunhas persoas coleccionan pensando tan só no investimento filatélico como unha alternativa aos metais preciosos ou ás pezas de arte pero a razón principal para coleccionar selos é por divertimento. Aínda que o coleccionismo non se debe confundir coa filatelia, para unha boa clasificación, organización e valorización da colección é preciso certo tipo de coñecemento filatélico.

Especialidades editar

Adquisición editar

Os selos novos pódense adquirir nas oficinas de correos dos países expendedores e nos seus servizos filatélicos ademais doutros establecementos con autorización especial como os estancos de Tabacalera en España. Os selos sen valor postal e tamén os novos pódense adquirir en comercios especializadas denominados filatelias (en Galicia hai en Vigo, A Coruña e Ourense) ben acudindo ao local, por correo ou por poxa. Tamén se organizan regularmente feiras filatélicas nalgunhas cidades. Algunhas organizacións caritativas (especialmente relixiosas) venden selos ó peso procedente do seu correo. Moitas tendas e librerías venden paquetes de selos, que constitúen unha boa maneira de comezar unha colección e conseguir selos duplicados para trocar con outros coleccionistas. Trocos que tamén organizan algunhas asociacións filatélicas.

Conservación e estudo editar

 
Clasificador filatélico

Para manter en bo estado unha colección é fundamental contar cun equipo adecuado que conserve a colección en óptimas condicións e permita estudala sen danar os selos. E tamén mante-la colección en lugar seco. Equipo:

Catálogos editar

Os catálogos de selos é a ferramenta primaria usada polos coleccionistas serios para organizar, identificar e valora-los seus selos. Hai centos de catálogos diferentes, a maioría especializados nun país ou nun tema. Os catálogos internacionais son:

Asociacións filatélicas editar

Os clubs e asociacións filatélicas son lugares onde se xuntan os coleccionistas, organizan conferencias e exposicións e poden editan revistas, boletíns, folletos ou libros. Poden ser de carácter local (que a miúdo inclúen ós numismáticos), nacional ou de carácter especializado. En Galicia a Sociedade Filatélica, de Arte e Humanidades Eume de Pontedeume, Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa da Guarda, Sociedade Filatélica Miño de Ourense, Círculo Filatélico de Ferrol e Grupo Filatélico de Vigo son membros da FEGASOFI, parte da Federación Española de Sociedades Filatélicas. Internacionalmente a principal asociación filatélica do mundo é a American Philatelic Society dos Estados Unidos

Exposicións filatélicas editar

As exposicións filatélicas organizadas polos correos nacionais ou asociacións filatélicas permiten ao visitante ver pezas raras ou curiosas e estudar o desenvolvemento dunha colección que se foi formando ao longo de varios anos. As exposicións internacionais realízanse baixo o padroado da Federación Internacional de Filatelia e son de dous tipos as competitivas e as non competitivas nas que se participa por invitación dos organizadores.

Revistas filatélicas editar

As revistas filatélicas, polo xeral de carácter mensual, permiten ó coleccionista coñecer as novas emisións postas en circulación, ó tempo que os estudos filatélicos que publican especialistas lles permiten coñecer novos datos de emisións concretas. Ademais os seus anuncios facilitan a adquisición de material ós coleccionistas que non teñen preto unha filatelia ou un club. Entre as máis coñecidas están l'Écho de la Timbrologie (Francia), American Philatelist (Estados Unidos) ou Revista de Filatelia (España).

Historia editar

Aínda que xa coa emisión do primeiro selo, o Penny Black, houbo xente que adquiriu exemplares para conservalos, non foi ata 1855 cando empezou o coleccionismo sistemático de todos os exemplares diferentes que existían entón e dos que ían saíndo. En 1861 publicouse o primeiro catálogo de selos e sistematizáronse as coleccións. Arredor de 1920 o coleccionismo fíxose popular entre todas as clases sociais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar