Artigo principal: Actinistios.
Coelacanthus
Rango fósil: Permiano - Xurásico

Coelacanthus whitea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sarcopterygii
Subclase: Actinistia
Orde: Coelacanthiformes
Familia: Coelacanthidae
Xénero: Coelacanthus
Agassiz, 1836
Especies
  • Véxase o texto

Coelacanthus é un xénero extinto de celacantos. un dos cinco que integran a familia dos celacántidos (Coelacanthidae), que apareceron orixinalmente durante o período permiano.

Foi o primeiro xénero de celacantos en ser descrito, e a orde dos celacantiformes (Coelacanthiformes), así como a familia dos celacántidos, recibiron o seu nome deste xénero.

Características editar

Os membros deste xénero tiñan un parecido superficial aos actuais celacantos (xénero Latimeria), aínda que eran máis pequenos, e tiñan a cabeza máis alongada.

Podían chegar a medir 90 cm de lonxitude, e tiñan pequeaas aletas lobuladas, o que suxire que as especies de Coelacanthus eran depredadores de augas abertas.

Coelacanthus foi un xénero lonxevo de distribución cosmopolita.

Logrou sobrevivir á extinción masiva do Permiano-Triásico, extinguíndose eventualmente durante o final do período xurásico superior, hai cerca de 145 millóns de anos.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1836 polo zoólogo e xeólogo estadounidense de orixe suíza Louis Agassiz en Recherches Sur Les Poissons Fossiles, 6ª achega.

Etimoloxía editar

O nome Coelacanthus (que significa "de espiñas ocas") está formado polo elemento do latín científico coelo-, tirado do grego antigo κοῖλος koîlos, "oco", e do termo grego ἄκανθα ákantha,"espiña", coa desinencia -us, indicando substantivo masculino.[1]

Especies editar

 
Coelacanthus granulatus.

Xénero Coelacanthus

Notas editar

  1. Coelacanthus en myEtymology.
  2. L. M. Lambe. 1916. "Ganoid fishes from near Banff, Alberta". Proceedings and Transactions of the Royal Society of Canada, Series 3 (10): 35-44.
  3. J. A. Moy-Thomas. 1935. "The coelacanth fishes from Madagascar". Geological magazine 72: 213-226.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Agassiz, L. (1833-43): Recherches Sur Les Poissons Fossiles. 5 vols. Imprimerie de Petitpierre, Neuchâtel.
  • Sepkoski, J. J. (2002): "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 363: 1-560.