No fútbol europeo, os Coeficientes UEFA son as estatísticas elaboradas periodicamente pola UEFA e usadas para ordenar e asignar clasificacións ou postos de privilexio en sorteos a equipos participantes nos campionatos de fútbol organizados pola asociación. Existen distintas clasificacións de coeficientes que se outorgan a seleccións nacionais, campionatos de liga e clubs.

Coeficiente das seleccións nacionais editar

O coeficiente de cada unha das seleccións nacionais é o coeficiente UEFA menos coñecido, e baséase nos resultados obtidos polas mesmas. Calcúlase dividindo o número de puntos obtidos (tres por vitoria, un por empate) polo número de partidos xogados nas dúas últimas roldas de clasificación da Copa do Mundo de Fútbol ou da Eurocopa. Os partidos de repesca son ignorados. Para algúns países só se tomará en conta unha única rolda de clasificación, no caso de que sexan anfitrións dalgún dos dous últimos eventos.

Este coeficiente é usado pola UEFA para determinar en que "bombo" situarase cada unha das seleccións para os sorteos das roldas de clasificación da Copa do Mundo e da Eurocopa, así como para a rolda final desta última competición. A asignación faise de maneira que se manteñen separados aos equipos máis fortes sendo difícil que se enfronten ata que estea moi avanzada a competición.

Se dous ou máis seleccións teñen o mesmo coeficiente, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:

  • a) Coeficiente dos partidos xogados na competición máis recente
  • b) Diferenza de goles
  • c) Número de goles marcados
  • d) Número de goles marcados fóra de casa
  • e) Sorteo

Clasificación para a rolda de clasificación da Eurocopa 2012[1] editar

Posto Equipo Coeficiente
1   España 43.116
2   Países Baixos 40.860
3   Alemaña 40.446
4   Italia 34.357
5   Inglaterra 33.563
6   Rusia 33.212
7   Croacia 33.003
8   Grecia 32.455
9   Portugal 31.717
10   Suecia 31.675
11   Dinamarca 31.205
12   Francia 30.508
13   República Checa 29.602
14   Irlanda 28.576
15   Ucraína 28.029
16   Serbia 27.975
17   Suíza 27.745
18   Turquía 27.144
19   Noruega 27.093
20   Eslovaquia 27.035
21   Israel 26.942
22   Bosnia e Herzegovina 26.502
23   Hungría 26.110
24   Eslovenia 25.643
25   Romanía 24.968
26   Finlandia 24.673
27   Escocia 24.426
28   Polonia 23.806
29   Austria 23.246
30   Letonia 23.185
31 Irlanda do Norte 22.959
32   Belarús 22.638
33   Bélxica 22.539
34   Bulgaria 22.189
35   Gales 21.633
36   Montenegro 20.901
37   Estonia 19.951
38   Armenia 19.746
39   Lituania 19.706
40   Macedonia 18.764
41   Albania 17.904
42   Xeorxia 16.563
43   Chipre 16.511
44   Moldavia 16.423
45   Islandia 15.343
46   Acerbaixán 14.931
47   Casaquistán 14.638
48   Luxemburgo 13.145
49   Liechtenstein 13.005
50   Illas Feroe 12.176
51   Malta 10.599
52   Andorra 8.467
53   San Marino 7.562

En celeste, seleccións clasificadas para a fase final da Eurocopa 2012. En negra países organizadores.

Coeficiente das ligas editar

O coeficiente das ligas úsase para ordenar as ligas de Europa, e así determinar o número de clubs de cada liga que xogarán as competicións continentais: Liga de Campións e Europa League.

A UEFA outorga o número de prazas correspondentes a cada federación, e cada unha delas é libre de elixir o criterio cos que encherá as cotas. Unha vez publícase a clasificación de coeficientes entra en vigor no prazo dun ano, e non na tempada inmediatamente posterior.

Este coeficiente determínase baseándose nos resultados dos clubs durante as cinco últimas tempadas. O número de puntos gañados cada tempada na Liga de Campións e a Europa League (dúas para cada vitoria, un por cada empate en competición oficial, a metade en cada caso en roldas previas) divídese entre o número de equipos que participaron para esa liga nesa tempada. Este número será redondeado á baixa ata ter tres cifras decimais (por exemplo, 2+2/3 será redondeado a 2.666).

Súmanse entón os puntos correspondentes ás cinco últimas tempadas, puntos que se dividen entre dous. Obteranse puntos extras por:

  • Clasificarse para a fase final da Liga de Campións (3 puntos extra).
  • Alcanzar a segunda rolda da Liga de Campións.
  • Alcanzar os cuartos de final, semifinais e final da Europa League ou a Liga de Campións.

Clasificación para as competicións 2012-13 editar

A clasificación da UEFA determina o número de equipos competindo o ano seguinte á publicación desta. Así, a clasificación de 2011 determina a proporción de equipos en 2012/13, non en 2011/12.

Clas. Liga Coef. Prazas LC Prazas EL
1   Inglaterra 84.285 4 3
2   España 82.757
3   Alemaña 74.852
4   Italia 59.981 3
5   Portugal 55.346
6   Francia 54.178
7   Rusia 47.832 2 4
8   Países Baixos 45.515
9   Ucraína 45.133
10   Grecia 37.100 3
11   Turquía 34.050
12   Dinamarca 30.550
13   Bélxica 27.000
14   Romanía 25.824
15   Escocia 25.141
16   Suíza 24.900 1
17   Israel 22.000
18   República Checa 20.850
19   Austria 20.700
20   Chipre 18.124

Notas editar

  1. Clasificación dispoñible en es.uefa.com/