Codex Wallerstein

O Codex Wallerstein é un manuscrito iluminado conservado na Biblioteca da Universidade de Augsburgo coa signatura ou código de catalogación I.6.4.2. É un manual alemán de artes marciais de 108 folios numerados, que suman 221 páxinas datado en 1549[1] que leva o título Vonn Baumanns Fechtbuch

Ilustración da primeira páxina ilustrada do códice, entre as pernas apréciase a nota engadida por Mair

Características editar

De autor ou autores anónimos e escrito en antigo alto alemán non é un texto homoxéneo, tradicionalmente considerábase que consistía en tres partes diferencidas [2], unha primeira parte que se corresponde propiamente cun Fechtbuch, unha segunda parte que sería máis ben un Ringbuch (manual de loita corpo a corpo) e unha terceira parte no que se mesturan varias artes marciais. Hans- Peter Hils en Meister Johann Liechtenauers Kunst des langen Schwertes obra de 1985 divide o manuscrito en dúas partes [3], unha Parte A datada na segunda metade do século XV, subdividida en dúas subpartes unha dedicada á espada longa principalmente e á outra á sobre todo á loita corpo a corpo e á daga e unha Parte B de datación máis antiga, de arredor de fin do século XV ou principios do XV, e que só contén ilustracións, sen explicación nin comentario ningún. Segundo se testemuña na primeira folla sería unha persoa de apelido Von Bauman (Vonn Baumanns) quen uniu os textos no ano 1549, numerándoos e encadernándoos deixando constancia da data. No ano 1556[4] o códice pasou a propiedade de Paulus Hector Mair quen estribiu na última folla un sumario do contido. Trátase dun texto fundamental para o estudo da esgrima tradicional alemá.

 
Premer para ver o códice enteiro

Notas editar

  1. Data na que se uniron os manuscritos formando un códice
  2. Martin Wierschin, Meister Johann Liechtenauers Kunst des Fechtens (1965)
  3. División que tamén se mantén en Heidemarie Bodemer: Das Fechtbuch: Untersuchungen zur Entwicklungsgeschichte der bildkünstlerischen Darstellung der Fechtkunst in den Fechtbüchern des mediterranen und westeuropäischen Raumes vom Mittelalter bis Ende des 18. Jahrhunderts Diss. Stuttgart 2008 (Texto en OPUS-Server)
  4. No propio códice lese nunha nota engadida:Über ii Khumben Im 1556 Jar am 26 Januari paulus hector mair zugehorig