Coda (álbum de Led Zeppelin)

Coda é o noveno álbum de estudio (considerado como disco póstumo) da banda británica Led Zeppelin, editado en 1982.

Coda
Álbum de Led Zeppelin
Publicado19 de novembro de 1982
Gravación9 de xaneiro de 1970 a 21 de novembro de 1978
Duración33:04
Xénero(s)Hard rock, Blues rock
Selo(s)Swan Song Records
Producido porJimmy Page
Cronoloxía
In Through the Out Door (1979) Coda -

Historia e características editar

O álbum é unha colección de cancións non utilizadas durante a carreira de doce anos do grupo. Foi publicado dous anos despois da súa disolución oficial e a morte do batería John Bonham.

O contrato do grupo con Atlantic Records obrigábao a publicar un novo disco, mais os músicos non desexaban que o posto do recentemente falecido batería o ocupase outro, preferindo manter a formación clásica, polo que optaron por sacar un álbum con gravacións antigas descartadas e sobrantes dos discos anteriores.

Nome e portada editar

Coda é o nome que recibe a pasaxe coa que remata unha peza musical[1]. A portada foi deseñada polo estudo Hipgnosis[2], sendo o quinto álbum realizado para Led Zeppelin; as catro letras que forman o título do disco recordan a tipografía utilizada para as luces de neon.

Notas editar