As cochaperonas son proteínas que axudan ás chaperonas no pregamento de proteínas e outras funcións. As cochaperonas son moléculas de unión non cliente que axudan ao pregamento de proteínas mediado por Hsp70 e Hsp90. Son especialmente esenciais na estimulación da actividade ATPase destas proteínas chaperonas. Hai un gran número de cochaperonas a maioría das cales, baseándose na súa estrutura de dominios, pode clasificarse dentro de dous grupos: proteínas con dominio J e proteínas con repeticións tetratricopéptido (TPR).[1]

As cochaperonas axudan ás proteínas de choque térmico no proceso de pregamento de proteínas. Estas cochaperonas poden funcionar de diversas maneiras. Principalmente están implicadas na funcionalidade ATPase das proteínas de choque térmico asociadas a elas. As cochaperonas catalizan a hidrólise de ATP a ADP nas súas respectivas chaperonas que despois lles permiten experimentar un gran cambio conformacional grazas ao que poden unirse aos seus substratos cunha maior afinidade ou colaboran na liberación do substrato despois do pregmento da proteína, como no caso da cochaperona p23.[2]

As proteínas J, DnaJ ou Hsp40 son importantes cochaperonas para Hsp70 e teñen a capacidade de unirse a polipéptidos e despois recrutar a proteína chaperona DnaK. Outra cochaperona, GrpE, intervén despois do pregamento da proteína para causar un cambio conformacional en DnaK que lle permite liberar a proteína pregada.[3] O mecanismo das proteínas TPR está menos estudado; os dominios TPR interaccionan con Hsp90 e Hsp70 e poden estar implicados na creación dun complexo multichaperona Hsp70-Hsp90.[4]

As cochaperonas poden tamén exercer un importante papel en enfermidades causadas por un pregamento incorrecto como a fibrose quística. Unha interacción entre Hsp90 e a súa cochaperona, Aha1, é esencial para o correcto pregamento do regulador de condutancia de membrana da fibrose quística (CFTR).[5] Outros exemplos do papel das cochaperonas en enfermidades son as doenzas neurodexenerativas. O alzheimer e o parkinson teñen varias proteinas que se poden agregar se non están debidamente chaperonadas. As cochaperonas CSPα (DNAJC5), auxilina (DNAJC6) e RME-8 (DNAJC13) son importantes para preservar o pregamento e a ensamblaxe, impedindo que se produza a agregación das proteínas.[6] A detección de mutacións nestas proteínas foi asociada co comezo temperán de doenzas neurodexenerativas.[7]

Lista de cochaperonas editar

Notas editar

  1. Caplan AJ (2017-05-28). "What is a co-chaperone?". Cell Stress & Chaperones 8 (2): 105–7. PMC 514860. PMID 14627194. 
  2. Young JC, Hartl FU (novembro de 2000). "Polypeptide release by Hsp90 involves ATP hydrolysis and is enhanced by the co-chaperone p23". The EMBO Journal 19 (21): 5930–40. PMC 305790. PMID 11060043. doi:10.1093/emboj/19.21.5930. 
  3. Langer T, Lu C, Echols H, Flanagan J, Hayer MK, Hartl FU (abril de 1992). "Successive action of DnaK, DnaJ and GroEL along the pathway of chaperone-mediated protein folding". Nature 356 (6371): 683–9. Bibcode:1992Natur.356..683L. PMID 1349157. doi:10.1038/356683a0. 
  4. Scheufler C, Brinker A, Bourenkov G, Pegoraro S, Moroder L, Bartunik H, Hartl FU, Moarefi I (2000). "Structure of TPR domain-peptide complexes: critical elements in the assembly of the Hsp70-Hsp90 multichaperone machine". Cell 101 (2): 199–210. PMID 10786835. doi:10.1016/S0092-8674(00)80830-2. 
  5. Wang X, Venable J, LaPointe P, Hutt DM, Koulov AV, Coppinger J, Gurkan C, Kellner W, Matteson J, Plutner H, Riordan JR, Kelly JW, Yates JR, Balch WE (novembro de 2006). "Hsp90 cochaperone Aha1 downregulation rescues misfolding of CFTR in cystic fibrosis". Cell 127 (4): 803–15. PMID 17110338. doi:10.1016/j.cell.2006.09.043. 
  6. Olgiati S, Quadri M, Fang M, Rood JP, Saute JA, Chien HF, et al. (febreiro de 2016). "DNAJC6 Mutations Associated With Early-Onset Parkinson's Disease". Annals of Neurology 79 (2): 244–56. PMID 26528954. doi:10.1002/ana.24553. 
  7. Gorenberg, Erica L.; Chandra, Sreeganga S. (2017). "The Role of Co-chaperones in Synaptic Proteostasis and Neurodegenerative Disease". Frontiers in Neuroscience 11: 248. PMC 5437171. PMID 28579939. doi:10.3389/fnins.2017.00248. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.