Coa morte nos talóns

filme de 1959 dirixido por Alfred Hitchcock

Coa morte nos talóns (en inglés: North by Northwest) é un filme estadounidense de 1959 producido e dirixido por Alfred Hitchcock. Está protagonizado por Cary Grant, Eva Marie Saint e James Mason.[3] O guión foi escrito por Ernest Lehman, que quería escribir "o filme de Hitchcock para rematar todas os filmes de Hitchcock".[4] Coa morte nos talóns é unha historia de identidade equivocada, cun home inocente perseguido por todos os Estados Unidos por axentes dunha misteriosa organización que intentan evitar que bloquee o seu plan de sacar de contrabando un microfilme que contén segredos do goberno. Esta é un dos filmes de Hitchcock que inclúe unha partitura musical de Bernard Herrmann e unha secuencia de título inicial do deseñador gráfico Saul Bass, e foi a primeira en presentar un uso prolongado da tipografía cinética nos seus créditos de apertura.[5]

Coa morte nos talóns
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalNorth by Northwest
DirectorAlfred Hitchcock
ProdutorAlfred Hitchcock
GuiónErnest Lehman
IntérpretesCary Grant
Eva Marie Saint
James Mason
Jessie Royce Landis
MúsicaBernard Herrmann
FotografíaRobert Burks
MontaxeGeorge Tomasini
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
EstreaChicago: 1 de xullo de 1959[1]
Galicia 21 de xaneiro de 2007 (TVG)
Duración136 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento4,3 millóns de dólares[2]
Recadación9,8 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0053125 Filmaffinity: 351704 Allocine: 531 Rottentomatoes: m/north-by-northwest Mojo: northbynorthwest Allmovie: v35655 TCM: 1036 Metacritic: movie/north-by-northwest TV.com: movies/north-by-northwest Netlix: 60000544Editar o valor em Wikidata

Coa morte nos talóns é considerado un dos filmes canónicos de Hitchcock da década de 1950 e a miúdo é considerado un dos mellores filmes de tódolos tempos.[6][7][8] En 1995, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[9] Despois da súa primeira proxección, os críticos de The New Yorker e The New York Times aclamárono inmediatamente como unha obra mestra da comedia e unha sofisticada autoparodia.[10][11]

Estreouse en galego o 21 de xaneiro de 2007 a través da TVG.[12]

Sinopse editar

Roger O. Thornhill é un executivo publicitario de Nova York a quen uns espías confunden cun axente do goberno, George Kaplan, polo que queren asasinalo. Consegue escapar por pouco, mais ségueno de preto e o goberno non pode sacalo da situación porque teñen un dos seus axentes encubertos infiltrado entre eles que sería descuberto e asasinado por eses espías se fixesen algo. Nesta situación Thornhill coñece unha atractiva muller, Eve Kendall, que o axuda.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Chicago [Picture Grosses]". Variety. 1 de xullo de 1959. p. 10. Consultado o 20 de maio de 2019 – vía Internet Archive. 
  2. 2,0 2,1 The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. 
  3. "North by Northwest". Turner Classic Movies. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  4. Jaynes, Barbara Grant; Trachtenberg, Robert (2004). "Cary Grant: A Class Apart". Burbank, California: Turner Classic Movies. 
  5. "The Kinetic Typography Engine" (PDF). 
  6. "AFI's 100 Years ... 100 Movies". www.afi.com. 
  7. "100 Greatest Films". www.filmsite.org. 
  8. "Top 100 Movies by Rank". www.films101.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  9. "Complete National Film Registry Listing | Film Registry | National Film Preservation Board | Programs at the Library of Congress | Library of Congress". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2020-05-06. 
  10. Weiler, A. H. (7 de agosto de 1959). "Hitchcock Takes Suspenseful Cook's Tour; ' North by Northwest' Opens at Music Hall". The New York Times. 
  11. "Alfred Hitchcock's "North by Northwest," Reviewed". The New Yorker. 8 de agosto de 1959. 
  12. La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2007. Páx. 71

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar