Club de Remo Mecos

club de remo do Grove

O Club de Remo Mecos é un club de remo galego da localidade do Grove (Pontevedra). Está patrocinado por Augas de Mondariz.

Club de Remo Mecos
A traiñeira de Mecos na XI Bandeira Teresa Herrera
Tipoclub de remo
DeporteRemo
Data de fundación1980
Localización
EnderezoRúa Rons, 57
EnO Grove
PaísGalicia
42°29′59″N 8°52′22″O / 42.499681111111, -8.87282
Na rede
Facebook: CRMecosMondariz Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sede do club

Historia editar

O Club de Remo Mecos fundouse en 1980, pese a que xa existían regatas dous anos antes. A idea de formalo xorde dun grupo de afeccionados ao remo de distintos barrios do Grove. Á fronte da iniciativa está Moncho Cachopeiro, un dos artífices e fundadores do club.

Nos seus comezos, o equipo tivo que pasar por numerosas dificultades, case todas elas referentes á falla de infraestruturas. Non posuía dun local e algunhas reunións fixéronse baixo unha videa. Con todo, por medio do apoio popular, o Mecos foi medrando e hoxe conta cunhas das mellores instalacións deportivas dos clubs de remo galegos.

Cachopeiro fixo o primeiro batel de madeira construído en Galiza. Traballando no Mecos realiza máis tarde unha traiñeira, para a cal precisou da experiencia de Euskadi.

A necesidade de reparar as embarcacións tivo moita importancia no conxunto. Dende o principio formouse un taller de carpintería que tamén existe na actualidade. O primeiro deles estaba situado nun primeiro andar, non tiñan outro lugar. Alí dentro traballaban a man; cepillo, serrón e machete eran as ferramentas para a construción.

As dificultades económicas fixeron que non tódalas embarcacións se reparasen e cada remo que rompe se arranxa. Deste xeito, coa vontade de seguir adiante e a axuda da vila, o Club de Remo Mecos continuou pola historia galega do remo.

A concesión dun terreo gañado ao mar por Costas e o concello, deu pé a que os socios, directivos e remeiros se puxesen mans á obra e co seu esforzo, sacrificio e botar man aos seus petos achegando o que cada un podía, fóronse construíndo os alicerces do que sería o futuro local social e deportivo. Foi a base para poder gardar o material e comezar os adestramentos gorecidos das inclemencias do tempo.

En 2002 e 2009 gañou a Bandeira Teresa Herrera. En 2003 participou na primeira edición da Liga ACT, conseguindo o subcampionato, e nas seguintes edicións ata a de 2007, na que se consumou o seu descenso á Liga Noroeste de Traiñeiras, na que milita dende aquela.`

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar