Club de Amigos de la UNESCO de Madrid
O Club de Amigos de la Unesco de Madrid (CAUM) é unha asociación non gobernamental española.
Club de Amigos de la UNESCO de Madrid | |
---|---|
Tipo | asociación e Club UNESCO |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Constituído o 15 de marzo de 1961 baseado nos postulados que impulsaron a fundar en 1947 o Movemento Mundial, recoñecido pola UNESCO en 1949.
Baixo a presidencia de Rafael Taibo, nos anos sesenta acolleu as reunións do Círculo de Estudos Galegos, un grupo de intelectuais galegos en Madrid. Xosé Ramón Fernández-Oxea daba leccións de galego e Ramón de Valenzuela de Xeografía e Historia de Galicia.
Nos anos oitenta foi presidido por Joaquín Ruiz-Giménez e sufriu un atentado en xaneiro de 1980[1].