Club Ciclista Riazor

O Club Ciclista Riazor é unha asociación deportiva da Coruña, creada en decembro de 1995 e integrada na Federación Galega de Ciclismo.

Características editar

Ten por obxectivos o fomento da práctica do ciclismo, desenvolvendo actividades e apoiando iniciativas que axuden á práctica deste deporte. Acolle a persoas socias de diferentes idades, a maioría delas de categoría afeccionada, se ben tamén ten algunha licenza para a competición deportiva desde o ano 2000. No ano 2006 constituíuse a sección de BTT.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar