Cloruro de calcio

composto químico
Cloruro de calcio

Cloruro de calcio

Xerais
Nome Cloruro de Calcio
Outros nomes Cloruro cálcico
Dicloruro de calcio
Fórmula química CaCl2
Aparencia Sólido incoloro ou branco.
Físicas
Masa molar 110,99 g/mol, anhidro
147,02 g/mol, dihidratado
182,04 g/mol, tetrahidratado
219,08, hexahidratado
Punto de fusión 1045 K (772 °C)
Punto de ebulición >1800 K (>1600 °C)
Densidade 2,15 ×103 kg/m3 (2,15 g/cm3), anhidro
0,835 ×103 kg/m3 (0,835 g/cm3), dihidratado
1,71 ×103 kg/m3 (1,71 g/cm3), hexahidratado
Cristalización Octaédrica, rutilo deformada
Solubilidade 74,5 g/100 mL de auga
soluble en etanol
soluble en acetona
soluble en ácido acético
Compostos relacionados CaF2, CaBr2, CaI2; LiCl, NaCl, KCl, RbCl, CsCl, MgCl2
Seguridade
Inxestión Produce queimaduras.
Inhalación Causa irritación e queimaduras.
Pel Pode causar irritación ou queimaduras.
Ollos Causa queimaduras.
Número CAS [10043-52-4], anhidro
[10035-04-8], dihidratado
[25094-02-4], tetrahidratado
[7774-34-7], hexahidratado

As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.

O cloruro de calcio é un composto químico formado por calcio e cloro. É moi soluble en auga e é delincuescente. É un sal, sólido a temperatura ambiente, que se comporta como o típico composto iónico haloide. Ten varios usos comúns, por exemplo, salmoira para as instalacións frigoríficas e xunto co sal común, eliminación de xeo nas estradas. Pode obterse directamente da pedra calcaria, e tamén como subproduto do proceso de Solvay. Debido a súa natureza higroscópica debe manterse en envases tapados/selados.

Características químicas editar

O cloruro de calcio pode servir como fonte de calcio. Os ións calcio presentes nunha disolución de cloruro de calcio poden precipitarse acompañados doutros anións por reacción da disolución co reactivo adecuado. Por exemplo pode obterse fosfato de calcio, que pode empregarse como fertilizante que proporcione calcio e fósforo, tratando unha disolución de cloruro de calcio fosfato de potasio:

CaCl2 (aq) + 2 K3PO4 (aq ) → Ca3 (PO4) 2 (s) + 6 KCl (aq) + CaCl2(aq)

O cloruro de calcio cando está fundido pode ser electrolizado dando calcio metal:

CaCl2 (l) → Ca(s) + de Cl2 (g)

Preparación editar

O cloruro de calcio é un subproduto do proceso de Solvay usado para a fabricación do carbonato de sodio. Pode ser producido tamén pola acción ácido clorhídrico sobre o carbonato de calcio

CaCO3 (s) + 2 HCl (aq) → CaCl2 (aq) + H2O (l) + CO2 (g)

Usos editar

O cloruro de calcio prodúcese en grandes cantidades

CaCl2 + 2 H2O → CaCl2 2 •H2O O proceso é altamente exotérmico e pode producir rapidamente temperaturas de arredor de 60° C. Isto pode producir queimaduras químicas internas se os seres humanos ou os animais comen bolas secas do cloruro de calcio. Os nenos pequenos son máis susceptibles de sufrir as queimaduras que os adultos, e o cloruro de calcio deben gardarse fóra do seu alcance.

  • Axudado pola intensa calor desenvolta durante a súa disolución e polo feito que as disolucións de cloruro de calcio necesitan para conxelarse temperaturas máis baixas que o sal común, o cloruro de calcio tamén se utiliza para derreter o xeo, especialmente en lugares moi fríos. A diferenza do máis empregado cloruro de sodio (sal común), é relativamente inofensivo para as plantas e o chan.. Cando está distribuído para este uso, xeralmente toma a forma de bolas brancas pequenas dalgúns milímetros de diámetro, chamadas prills (véxase o cadro na parte superior da páxina).
  • Emprégase en mesturas de formigón para acelerar o seu fraguado. O feito de que o ión do cloruro induza a corrosión do ferro, fai que non deba ser empregado no formigón armado.
  • Emprégase tamén para a eliminación do po nalgúns camiños, pois debido a súa natureza higroscópica garda unha capa líquida na superficie do camiño, que suxeita o po e impide que se levante foula.
  • O cloruro de calcio ten un sabor moi salgado e emprégase como ingrediente nalgúns alimentos, para dar un gusto salgado sen aumentar o contido en sodio do alimento.
  • Utilízase como aditivo en plásticos.
  • Utilizado como para o tratamento de augas residuais.
  • O cloruro de calcio acuoso é utilizado na transformación xenética de células aumentando a permeabilidade da membrana da célula. Isto permite que os fragmentos de ADN se incorporen máis facilmente á célula.
  • Outros usos son, lastre na fabricación da goma dos pneumáticos, aditivo en extintores para o lume, aditivo con goma para o amidón, engadido para controlar a escoura dentro dos altos fornos, desecante, salmoira, axente da transformación de alimentos, aditivo alimenticio, medicación, aditivo en herbicidas e axente de regulación do pH.

Precaucións editar

O cloruro de calcio é un irritante; deben empregarse luvas e lentes para protexer as mans e os ollos. Debe evitarse a súa inhalación. Aínda que o cloruro de calcio es relativamente fácil de manipular, debe procurarse non inxerilo. O cloruro de calcio reacciona exotermicamente coa auga e poden producirse queimaduras na boca e no esófago, nos ollos e na pel, especialmente se esta está húmida.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar