Clorazepate

composto químico

O clorazepate (tamén coñecido polas marcas comerciais Tranxene® e Tranxilium® entre outras) é unha droga derivada da benzodiazepina. Posúe propiedades ansiolíticas, anticonvulsionantes, sedativas e tamén é un relaxante muscular do esqueleto.

Clorazepate.

Propiedades editar

Mecanismo de acción editar

As benzodiazepinas actúan como depresores do SNC, producindo todos os seus niveis de depresión, dende unha leve sedación ata hipnosis, dependendo da dose. Estimulan os receptores de GABA (ácido gammaaminobutírico) no sistema reticular activador ascendente. Dado que o GABA é inhibidor, a estimulación dos receptores aumenta a inhibición e bloquea a excitación cortical e límbica, despois de estimular a formación reticular do talo cerebral.

Farmacocinética editar

Absórbese no tracto gastrointestinal. A eliminación do fármaco é lenta xa que os metabolitos activos poden permanecer no sangue varios días e incluso semanas, con efectos persistentes. O clorazepam é de vida media intermedia, flutuando entre as 30 e as 40 horas. A súa unión as proteínas é alta; metabolízase no fígado e excrétase por vía renal.

Indicacións editar

O clorazepam está indicado para o tratamento de: crises mioclónicas; ausencias de tipo epiléptico (refractarias a succinimidas o ácido valproico); crises convulsivas tonicoclónicas (xeralmente asociado con outro anticonvulsivo); trastornos de pánico.

Reaccións adversas editar

As máis frecuentes son somnolencia, mareos, dificultades na coordinación psicomotora (ataxia) e na función motriz, deterioración nas funcións cognitivas, e depresión.

Tamén poden presentarse nerviosismo, alteracións do comportamento, cansazo e debilidade non habituais, perda do equilibrio, e amnesia anterógrada (especialmente con doses altas).

Os pacientes xeriátricos e debilitados, nenos e pacientes con trastornos hepáticos, son máis sensibles aos efectos das benzodiazepinas sobre o SNC.


 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.