Clima da Península Ibérica

O clima da Península Ibérica é moi variado debido á súa posición latitudinal e polas características propias do territorio. A Península Ibérica está situada nun lugar destacado dentro da circulación xeral atmosférica que non permanece estática senón que existen diferentes movementos de norte a sur, segundo a estación climática. Na península ten influencias diferentes masas de aire que van ter unhas características propias habendo frías ou cálidas e húmidas e secas. A península atópase nunha zona tépeda, non tendo características climáticas homogéneas ao ser zonas de mestura entre zonas de aire cálido e zonas de aire frío (subtropicais e polares).

Climas de España tradicionais[1].

A variada orografía así como a súa situación xeográfica, en latitudes medias da zona tépeda do hemisferio Norte, fai que o país teña unha notable diversidade climática. Así pasamos de lugares con suaves temperaturas, ao redor dos 15 °C, a outros que superan os 40 °C, sobre todo no verán, e de sitios onde as precipitacións non superan os 150 mm, a outros que rexistran máis de 2500 mm anuais.

Os distintos climas editar

Tradicionalmente, clasificáronse catro grandes climas peninsulares: oceánico, mediterráneo (con algunhas variacións), subtropical e de montaña. Cada un inflúe nunha área xeográfica claramente delimitada.

Clima oceánico editar

 
Climograma da Coruña, exemplo de clima oceánico.

O clima oceánico, tamén chamado atlántico, este clima esténdese por todo o norte e noroeste da Península, desde os Pireneos ata Galicia. Caracterízase pola abundancia de choivas, que adoitan superar os 1000 mm, repartidas de xeito regular ao longo do ano. Por esa razón, a paisaxe é moi verde. As temperaturas adoitan ser suaves debido á proximidade do mar: no inverno oscilan entre oscilan os 12 °C e os 15 °C e no verán roldan os 20-25 °C.

Clima mediterráneo editar

 
Climograma de Valencia, exemplo de clima mediterráneo típico.
 
Climograma de Toledo, exemplo de clima mediterráneo continentalizado.

O clima mediterráneo é o que predomina en España, xa que estende ao longo de todo o litoral mediterráneo, o interior da Península e o arquipélago balear. Con todo, existen considerables diferenzas entre unhas zonas e outras, o que dá lugar a tres subdivisións:

  • O clima mediterráneo típico. Abarca gran parte da costa do mesmo nome, algunha zonas do interior, Ceuta, Melilla e Baleares. As choivas son irregulares, entre os 400 mm e os 700 mm anuais, e concéntranse especialmente no outono e primavera. Os invernos son curtos e suaves mentres que os veráns son longos e calorosos. A temperatura media anual rolda entre os 15 °C e os 18 °C.
  • O clima mediterráneo continentalizado. Localízase na Meseta, a depresión do río Ebro e parte do Guadalquivir. Caracterízase por ter unhas temperaturas moi extremas, entre 25 °C e os -13 °C. Os invernos son longos e moi fríos, e os veráns moi calorosos. Ademais, as precipitacións son escasas, ao redor dos 400 mm, e aparecen en forma de tormenta nos meses de xullo e agosto.
  • O clima mediterráneo seco. Aparece sobre todo no sueste do territorio, nas zonas de Murcia, Alacant e Almería. As choivas son extremadamente escasas, menos de 300 mm ao ano, o que converte estas zonas en áreas moi áridas, e son frecuentes os períodos longos de seca. As temperaturas son semellantes ás do mediterráneo típico, aínda que a calor no verán adoita ser máis intenso.

Clima subtropical editar

O clima subtropical só aparece no arquipélago canario debido á súa proximidade co trópico de Cáncer e a costa árida de África. Caracterízase pola presenza dos ventos alisios e as correntes de auga fría. As temperaturas son cálidas durante todo o ano, entre os 22 °C e os 28 °C de media, mentres que as precipitacións son escasas, menos de 250 mm, e concéntranse no inverno. Por esa razón, non hai ríos nas Canarias e cando chove fórmanse torrentes.

Clima de alta montaña editar

O clima de alta montaña aparece nos grandes sistemas montañosos como os Pireneos, o Sistema Central, o Sistema Ibérico, a cordilleira Penibética e o Cordal Cantábrico. Os invernos son moi fríos, e os veráns frescos. As precipitacións son moi abundantes a medida que aumenta a altitude e, en xeral, en forma de neve. As vertentes das montañas que miran ao norte son máis frías.

Notas editar

  1. Non respectan a clasificación de Köppen.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar