Claudio Juan Amoedo Canaveri, nado en Buenos Aires o 30 de outubro de 1830, e finado ibídem o 7 de xaneiro de 1871 foi un médico arxentino.[1] Serviu como presidente da Asociación Médica da provincia de Buenos Aires durante o goberno de Emilio Castro.[2]

Infotaula de personaClaudio Amoedo
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1830
Buenos Aires, Arxentina
Morte7 de xaneiro de 1871
Buenos Aires, Arxentina
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMédico
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Claudio naceu en Buenos Aires, fillo de Hilario Amoedo Garazatúa e Juana Josefa Canaveri Esparza,[3] no seo dunha familia distinguida de raíces galegas, piemontesas e vasca. Completou os seus estudos elementais no "Colegio Republicano Federal", onde aprendeu francés e inglés en 1845.[4] Posteriormente comezou os seus estudos de medicina na Universidade de Buenos Aires, obtendo o seu doutoramento en medicina.[5]

Claudio Amoedo casou con Ángela Ibarra, pertencente a unha familia de orixe vasca. Morreu traxicamente (suicidio) o 7 de xaneiro de 1871,[6] e o seu irmán Sinforoso Amoedo, que presenciou a súa morte,[7] tamén morreu ese mesmo ano, de febre amarela.

Notas editar