Clase Tornado
Número de tripulantes 2
Eslora 6.1 m
Manga 3.08 m
Peso 145 kg
Superficie vélica 17 m² vela maior 7 m² foque 25 m² spinnaker PN 59

O tornado é un catamarán de clase olímpica con dous tripulantes.

Tornado Catamarã

Características editar

Tipicamente o Tornado voa sobre un dos seus dous cascos; a tripulación debe balancear o veleiro co seu propio peso e controlar a navegación. Cun só casco na auga a resistencia redúcese significativamente. O tornado tamén ten un mastro rotatorio e axustable, que non só mellora moito a aerodinámica, senón que permite mellorar o control. Para altas velocidades e ventos fortes requírese habitualmente unha vela plana.

Estimase que o tornado é capaz de alcanzar velocidades de arredor dos 30 nós (56 km/h), e 18 nós (33 km/h) contra o vento[Cómpre referencia].

Historia editar

Foi deseñado en 1967 por Rodney March, de Brightlingsea, Inglaterra, coa axuda de Terry Pierce e de Reg White, especialmente co fin de que se convertese no catamarán olímpico. Nos concursos desprazou facilmente as outras opcións. Para un mellor comportamento o tornado foi modificado en 2000, cun novo "sail-plan" que incluíu un spinnaker e un spinnaker bomba, ademais de aumentar a área das velas existentes. Agregouse un trapecio adicional, e o foque fíxose autoencartable.

O tornado está incluído no programa dos Xogos Olímpicos de vela dende 1976, pero será excluído a partir dos Xogos de 2012.

O tornado e Galicia editar

Os galegos Antón Paz e Fernando Echavarri son os actuais campións olímpicos despois de acadaren a medalla de ouro nos Xogos de Beixín

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar