Clásica dos Portos

A Clásica dos Portos de Guadarrama foi unha carreira ciclista dun día que se disputaba na Serra de Guadarrama, en Madrid (España).

Foi creada en 1920, baixo a denominación "Vuelta a los Puertos" pasando por diferentes épocas nas que tivo maior ou menor continuidade na súa celebración, para finalmente quedar ininterrompidamente no calendario ciclista profesional dende 1978.

Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI, en 2005, formou parte do UCI Europe Tour, dentro da categoría 1.1. A última edición disputouse en 2008.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar