Cisalla

páxina de homónimos de Wikimedia

Unha cisalla[1] é unha ferramenta que se utiliza para cortar papel, plástico e láminas metálicas ou de madeira de pouco espesor. Cando o grosor da chapa a cortar é moi groso utilízanse cisallas activadas por un motor eléctrico.

Cisalla podadora.
Mandíbulas de vida.
Cisalla de prensa manual.

A cisalla funciona de xeito similar a unha tesoira. Os fíos de ambas as coitelas da cisalla enfróntanse presionando sobre a superficie a cortar ata que vencen a resistencia da superficie á tracción rompéndoa e separándoa en dúas partes. O bordo cortado por cisallamento preséntase irregular. A presión necesaria para realizar o corte obtense exercendo panca entre un brazo fixo que se coloca na parte inferior e outro que é o encargado de subir e baixar exercendo a presión. Nas cisallas manuais este movemento de ascenso e descenso realízase por un operario, aínda que tamén existen as cisallas automatizadas.[2]

Tipos editar

Existen varios tipos distintos de cisallas, os cales son:

  • Esquiladora - utilizada para cortar pezas téxtiles. Diferéncianse das tesoiras normais en que o corte que aplica é en zigzag en lugar de recto.
  • Podadora - utilizada en xardinaría para podar árbores e arbustos.
  • Cisalla de metal, empregada para cortar lata ou metais finos. Hainas de tres tipos en función do corte: recto, curvado cara á esquerda ou curvado cara á dereita.
  • Jaws of life (mandíbulas de vida) - unha ferramenta hidráulica usada nos labores de rescate.
  • Cisalla industrial - é unha máquina ferramenta que posúe unha coitela que fai cortes verticais ao exercer presión sobre paquetes de láminas de distintos materiais. Posúe un motor eléctrico que lle permite exercer maior presión.[3]

Notas editar