Cirilo Vladimirovich de Rusia

Cirilo Vladímirovich de Rusia (en ruso Кири́лл Влади́мирович Рома́нов), nado en Tsarskoe Selo o 12 de outubro de 1876 e finado en París o 12 de outubro de 1938, foi un Gran Duque de Rusia, fillo do Gran Duque Vladimir Aleksandrovich de Rusia e da Gran Duquesa María de Mecklemburgo-Schwerin, nada Duquesa de Mecklemburgo-Schwerin.

Infotaula de personaAlteza Imperial Editar o valor em Wikidata
Cirilo Vladimirovich de Rusia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Кѵриллъ Владиміровичъ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1876 Editar o valor em Wikidata
Pushkino, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Xefe da Casa dos Romanov
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónN.G. Kuznetsov Naval Academy (en) Traducir
Naval Cadet Corps (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Interesado enMúsica e Carpintaría Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua inglesa, lingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Rama militarMarinha Imperial Russa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militaralmirante Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor em Wikidata
CónxuxeVitória Melita de Saxe-Coburgo-Gota (1905–1936), morte do cónxuxe
FillosKira Kyrillovna da Rússia (pt) Traducir, Maria Kirillovna da Rússia (pt) Traducir, Vladimir Kirilovich de Rusia Editar o valor em Wikidata
PaisVladimir Aleksandrovich de Rusia Editar o valor em Wikidata  e Maria Pavlovna da Rússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBoris Vladimirovich da Rússia (pt) Traducir, André Vladimirovich da Rússia (pt) Traducir, Grand Duke Alexander Vladimirovich of Russia (en) Traducir e Helena Vladimirovna da Rússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Romanov-39 Find a Grave: 52682503 Editar o valor em Wikidata

As súas diferenzas co tsar editar

As súas diferenzas co tsar duraron de 1905 a 1909, pola opinión desfavorable que este último, como xefe da Casa Imperial, tiña sobre a súa intención de esposarse con Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha, divorciada dun irmán da tsarina, Ernesto Lois de Hesse-Darmstadt.

Revolución e Guerra Civil editar

Durante a Revolución de febreiro de 1917, que destronou o Tsar, Cirilo Vladimirovich simpatizaba, a pesar do seu xuramento de fidelidade ao emperador, coas faccións revolucionarias, chegando a enarborar a bandeira vermella na súa casa e portando, segundo parece, a camisa vermella baixo a casaca militar. Encabezou a expedición que toma a Duma Imperial para impedir que esta fose disolta polo Tsar. Segundo os seus defensores, tomou parte en iniciativas para defender o trono.

O 8 de marzo de 1917, cando o goberno ordenou a detención do ex-tsar Nicolao II de Rusia e a súa familia, Cirilo Vladimirovich dimitiu dos seus cargos en sinal de protesta. Pouco antes viaxara ilegalmente a Finlandia, que seguía formando parte do Imperio Ruso, e onde naceu o seu fillo Vladimir Kirilovich.

Durante a guerra civil rusa (1917-1923), Cirilo Vladimirovich buscou a restauración da monarquía na súa persoa. Celebrou reunións con militares alemáns pero terminou por recoñecer o fracaso dos Brancos e emigrou a Suíza.

Exilio e autoproclamación como Emperador editar

Trala confirmación da morte da familia imperial e da do irmán do tsar Miguel Aleksandrovich, o Gran Duque Cirilo Vladimirovich converteuse no home agnado da dinastía. A desaparición abriu numerosas dificultades para resolver a sucesión ao trono de Rusia. Ante o recoñecemento das potencias á República Soviética, proclamouse Tsar de Rusia co nome de Cirilo I. A decisión foi reprobada polos demais membros da familia, en razón da súa participación nos acontecementos revolucionarios de febreiro de 1917.

No exilio esforzouse por axudar aos rusos tamén exiliados e en difíciles situacións de supervivencia. En reiteradas ocasións condenou o réxime soviético e as súas exaccións sobre o pobo ruso.

Cirilo Vladimirovich finou o 12 de outubro de 1938 nunha clínica de París. Nun primeiro tempo foi enterrado na capela ancestral da familia da súa esposa en Coburgo (Alemaña). O 7 de marzo de 1995 foi enterrado solemnemente xunto á súa esposa na Fortaleza de San Pedro e San Paulo en San Petersburgo.

A sucesión á xefatura da Familia Imperial editar

Unha soa cousa é segura, Cirilo era o home agnado da dinastía trala morte de Nicolao II, do tsarévich Alexei e de Miguel Aleksandrovich, que reinou só por un día. Neste punto, os dereitos poden ser discutidos por diferentes príncipes, pero o home maior da súa dinastía era el. Desde o momento en que Cirilo Vladimirovich converteuse en herdeiro maior dos Romanov, os seus dereitos foron contestados por outros dos seus curmáns, primeiro por razóns políticas (a súa participación na Revolución de febreiro), logo polo feito de que os seus dereitos recaerían hoxe en día nunha muller, María Vladimirovna Romanova ou pola suposta invalidez do seu matrimonio. 

A maioría das ligas monárquicas rusas recoñecen os dereitos da descendencia de Cirilo Vladimirovich por riba dos recoñecidos pola Asociación da Familia Romanov, a cal ve na persoa de Demetrio Romanovich Romanov o xefe natural da dinastía a pesar de non ser o home agnado.

Matrimonio e descendencia editar

Do seu matrimonio coa princesa Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha naceron tres fillos:

Distincións honoríficas editar

  •   Cabaleiro da Orde de San Andrés (Imperio Ruso).
  •   Cabaleiro da Orde dos Serafines (Reino de Suecia, 18/07/1912).
  •   Cabaleiro da Orde do Elefante (Reino de Dinamarca, 18/10/1928).[1]

Devanceiros editar

Notas editar

  1. Jørgen Pedersen: Riddere af Elefantordenen 1559–2009, Odense: Syddansk Universitetsforlag, 2009.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nicolas II de Russie de Henri Troyat en francés.
  • Extracto das Mémoires d'exil de Frédéric Mitterrand. Editorial Robert Laffont, París 1997. En francés.
  • Chaque matin est une grâce de Léonida Romanov. Editorial JC Lattès, París 2000. En francés.

Outros artigos editar