Circuíto Internacional Tanaka

Circuíto Internacional Tanaka
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Mimasaka, Prefectura de Okayama, Xapón
Lonxitude 3,703 km
Curvas 13
Volta rápida (1994) 1:14.023
Piloto récord Alemaña Michael Schumacher
Escudería récord Benetton
Coordenadas Coordenadas: 34°54′54″N 134°13′16″L / 34.915, 134.22111111111
Vista do Circuíto

O Circuíto Internacional Tanaka (tamén: Okayama International Circuit ou TI Circuit Aida) é un circuíto privado situado preto de Aida, Okayama, Xapón. TI é o acrónimo de "Tanaka International", holding propietario do circuíto.

Historia editar

O circuíto construíuse en 1992 como un trazado privado. Nas temporadas 1994 e 1995 o circuíto aloxou as probas correspondentes ó Gran Premio do Pacífico de Fórmula 1, coa vitoria de Michael Schumacher as dúas veces. Pero a súa localización nunha remota zona do Xapón levou á supresión deste gran premio da F1.

En marzo do 2003 Tanaka International Company vendeu o circuíto a Unimat, e o circuíto renomeouse como Okayama International Circuit o 1 de maio do 2004.

No ano 2008 no circuíto disputouse unha carreira do Campionato do Mundo de Turismos.

Gañadores de Fórmula 1 no Circuíto Internacional Tanaka editar

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1994   Michael Schumacher Benetton-Ford 1:46:01,693 h 3,703 km 83 173,925 km/h 17 de abril Pacífico
1995   Michael Schumacher Benetton-Renault 1:48:49,972 h 3,703 km 83 169,443 km/h 22 outubro