Lingua cingalesa

(Redirección desde «Cingalés»)

A lingua cingalesa[2] (en cingalés: සිංහල; singhala [ˈsiŋɦələ]),[3] é a lingua nativa do pobo cingalés, que representa o meirande grupo étnico de Sri Lanka, representando uns 16 millóns de persoas. O cingalés tamén é falado como segunda lingua por outros grupos étnicos de Sri Lanka, sendo un total de catro millóns de persoas.[4] Pertence á póla indoaria das linguas indoeuropeas. O cingalés ten o seu propio sistema de escritura, o alfabeto cingalés, que é un dos alfabetos bráhmicos, un descente do antigo brahmi indio estreitamente relacionado co alfabeto kadamba.[5]

Cingalés
සිංහල
Pronuncia:[ˈsiŋɦələ]
Outros nomes:Sinhala
Falado en: Sri Lanka
Total de falantes: 16 millóns (2007)
2 millóns como segunda lingua (1997)
Familia: Indoeuropea
 Indorianio
  Indoario
   Zona sur
    Cingalés
Escrita: Alfabeto cingalés
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Sri Lanka
Códigos de lingua
ISO 639-1: si
ISO 639-2: sin
ISO 639-3: sin
Mapa
Status

O cingalés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O cingalés é unha das linguas oficiais de Sri Lanka. Xunto coa lingua pali, xogou un papel principal na literatura budista theravada.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cingalés.
  3. Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student's Handbook, Edinburgh
  4. Statistics.gov.lk (ed.). "Census of Population and Housing 2001" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2022. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  5. Jayarajan, Paul M. (1 de xaneiro de 1976). Colombo Apothecaries' Company, Limited, ed. History of the Evolution of the Sinhala Alphabet (en inglés). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Gair, James: Sinhala and Other South Asian Languages, Nova York 1998.
  • Gair, James and Paolillo, John C.: Sinhala, München, Newcastle 1997.
  • Geiger, Wilhelm: A Grammar of the Sinhalese Language, Colombo 1938.
  • Karunatillake, W.S.: An Introduction to Spoken Sinhala, Colombo 1992 [several new editions].
  • Clough, B.: Sinhala English Dictionary, 2nd new & enlarged edition, New Delhi, Asian Educational Services, 1997.