Ciclón Klaus (1984)

Para outros ciclóns chamados Klaus, véxase ciclón Klaus.

O furacán Klaus foi unha treboada tropical de fortes ventos orixinada no Caribe e que provocou numerosos danos no Atlántico Norte. Posteriormente chegou a afectar a Galicia entre o 14 e o 15 de novembro de 1984. Un mes antes, batera contra as costas galegas o furacán Hortensia, de maior intensidade e gravidade.

O furacán Klaus ao nordeste das Pequenas Antillas o 8 de novembro de 1984

Nome editar

Klaus era un dos nomes incluídos nas listas de furacáns tropicais, onde se mantivo ata 1990, cando un devastador furacán Klaus causou numerosas vítimas na Martinica, e foi retirado da lista. Klaus segue dándolle nome a outras treboadas non tropicais, como a que impactou Galicia en 2009.

Percorrido editar

O furacán Klaus orixinouse nunha zona extraordinariamente meridional do Caribe, nas Illas de Sotavento nos primeiros días novembro de 1984. Dende Curação seguiu unha traxectoria cara ao noroeste, batendo en Porto Rico e acadando neste punto os 145 km/h. A partir de aí continuou a súa traxectoria como treboada extratropical en dirección noroeste, ata que impactou nas costas de Galicia especialmente na fachada occidental. Os ventos acadaron os 120 km/h en Ferrol[1].

Danos editar

Na súa zona de orixe, no Caribe, o furacán provocou numerosos asolagamentos e destrución de infraestruturas. Afundiron tres barcos en Anguila e faleceron dúas persoas en Dominica[2]. En Galicia, o ciclón causou a morte dun mariñeiro en Muros[1] e diversos danos materiais, mormente os producidos polo derrubamento de árbores e o asolagamento de edificios.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 El ciclón 'Klaus' pasó sin ocasionar daños importantes, El País, 17/11/1984
  2. Primer on Natural Hazard Management in Integrated Regional Development Planning, chapter 12: Hurricane Hazards, Department of Regional Development and Environment Executive Secretariat for Economic and Social Affairs Organization of American States, Washington:1991