Chukotka (en ruso Чуко́тский автоно́мный о́круг Txukotski Avtonomni Ókrug; Okrug autónomo de Chukotka), e en chukchi Чукоткакэн автономныкэн округ (Txukotkaken avtonomiken ókrug)) é un distrito autónomo de Rusia. Atópase no extremo oriental de Siberia, onde vive o pobo dos chukchis, e inclúe a península de Chukotka. Está situada entre o océano Ártico no norte e o océano Pacífico no leste, e está separada de Alasca (América do Norte) polo estreito de Bering. Limita cos territorios rusos seguintes: a república de Iacutia no oeste, o oblast de Magadán no suroeste e o distrito autónomo de Koriakia no sur. Ten unha extensión de 737.700 km² e unha poboación de 55.000 habitantes (2002), cunha densidade de 7,5 hab/km². A capital é Anadir.

Modelo:Xeografía políticaChukotka
Чукотский автономный округ (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoAnthem of Chukotka Autonomous Okrug (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 66°15′10″N 172°00′04″L / 66.25278, 172.001Coordenadas: 66°15′10″N 172°00′04″L / 66.25278, 172.001
EstadoRusia Editar o valor em Wikidata
CapitalAnadyr (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación49.527 (2021) Editar o valor em Wikidata (0,07 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
Lingua chukchi Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie721.481 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación10 de decembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Governor of Chukotka Autonomous Okrug (en) Traducir Editar o valor em WikidataRoman Kopin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2RU-CHU Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO77000000 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO77 Editar o valor em Wikidata

Páxina webчукотка.рф Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Bañada polo mar da Siberia Oriental, o mar de Chukchi e o mar de Bering, o territorio ocupa a península dos Chukchis e a rexión adxacente, e inclúe a illa de Wrangel (Umqilir) e outras menores. É unha rexión inhóspita, fría e montañosa, e o río principal é o río Anadir (en chukchi Jàajwaam)

Economía editar

A economía de Chukotka está baseada sobre todo na exportación de materias primas (carbón, ouro, prata, platino etc.), a pesca (caviar) e os produtos manufacturados de pel. Porén todos os bens de consumo, alimentarios e industriais son importados de Rusia.

Poboación editar

Hai unha notable variedade étnica na poboación: viven 60 nacionalidades diferentes. Segundo o censo ruso de 2002 a composición nacional é a seguinte:

censo 1939 censo 1959 censo 1970 censo 1979 censo 1989 censo 2002
chukchis 12.111 (56,2%) 9.975 (21,4%) 11.001 (10,9%) 11.292 (8,1%) 11.914 (7,3%) 12.622 (23,5%)
Chuvans 944 (0,6%) 951 (1,8%)
Inuit 800 (3,7%) 1.064 (2,3%) 1.149 (1,1%) 1.278 (0,9%) 1.452 (0,9%) 1.534 (2,9%)
Evens 817 (3,8%) 820 (1,8%) 1.061 (1,0%) 969 (0,7%) 1.336 (0,8%) 1.407 (2,6%)
Rusos 5.183 (24,1%) 28.318 (60,7%) 70.531 (69,7%) 96.424 (68,9%) 108.297 (66,1%) 27.918 (51,9%)
Ucraínos 571 (2,7%) 3.543 (7,6%) 10.393 (10,3%) 20.122 (14,4%) 27.600 (16,8%) 4.960 (9,2%)
Outros 2.055 (9,5%) 2.969 (6,4%) 7.049 (7%) 9.859 (7%) 12.391 (7,6%) 4.432 (8,2%)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar