A chuca[1] ou xogo dos pelouros[2] é un xogo popular galego, común tamén noutras moitas partes e que se coñece desde a antigüidade. Tradicionalmente utilizábanse astrágalos de cordeiro (ósos dos xeonllos precursores dos dados pola súa forma) e unha pelota. Xógase cunha soa man e poden xogar unha ou varias persoas.

Estatua romana dunha nena xogando á chuca.

Características editar

Na comarca de Ferrol, este xogo practícase da seguinte maneira: bótanse os ósos no chan, dise "a primeira" e bótase a pelota. Mentres a pelota está no aire hai que cambiar de posición os astrágalos que están mal e coller os que estean ben, as que che dea tempo, e colle-la pelota antes de que toque o chan, e cando o participante colle a pelota daquela tócalle ó seguinte. Os ósos que se consideran bos son os que están na posición primeira, e ao se coller todos, derrúbanse de novo, e faise o mesmo con outra posición (posición segunda, terceira e cuarta).

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chuca.
  2. Graña Varela 2015, pp. 41, 67

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.