Chrysiogenetes
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chrysiogenetes
Clase: Chrysiogenetes Garrity and Holt 2002
Orde: Chrysiogenales Garrity and Holt 2002
Familia: Chrysiogenaceae Garrity and Holt 2002
Xéneros

Chrysiogenes Macy et al. 1996
Desulfurispira Sorokin and Muyzer 2010
Desulfurispirillum Sorokin et al. 2010

Os Chysiogenetes son un pequeno filo de bacterias introducido recentemente, que comprende só unha familia con tres xéneros: Chrysiogenes, Desulfurispira e Desulfirispirilum.

Chrysiogenes arsenatis foi illada na auga residual dunha mina de ouro australiana, e do seu xénero deriva o nome do filo (do grego chruseion, mina de ouro ; Chrysiogenes = xurdida dunha mina de ouro). É anaeróbica e reduce o arsénico, que funciona como aceptor final de electróns, usando o acetato e outros produtos orgánicos como doantes de electróns e de carbono. Pode reducir o nitrato a amoníaco vía nitrito. As súas secuencias de ARNr 16S eran únicas, polo que se clasificou no seu propio filo. Posteriormente describíronse os outros dous xéneros.[1]

Filoxenia editar

O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [2] e a filoxenia está baseada nas secuencias do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project.[3]

Chrysiogenes arsenatis Macy et al. 1996

Desulfurispira natronophila Sorokin e Muyzer 2010

  Desulfurispirillum

D. alkaliphilum Sorokin et al. 2010

D. indicum Rauschenbach et al. 2011

Notas editar

  1. Macy, J. M.; Nunan, K.; Hagen, K. D.; Dixon, D. R.; Harbour, P. J.; Cahill, M.; Sly, L. I. (1996-10-01). "Chrysiogenes arsenatis gen. nov., sp. nov., a New Arsenate-Respiring Bacterium Isolated from Gold Mine Wastewater". International Journal of Systematic Bacteriology (en inglés) 46 (4): 1153–1157. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/00207713-46-4-1153. 
  2. Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Datos de "Chrysiogenetes". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 6 xullo 2012. 
  3. Ver All-Species Living Tree Project [1] Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Datos de "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 6 xullo 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar