Chrissi (grego: Χρυσή, "ouro", tamén Γαϊδουρονήσι - Gaidouronisi "illa burricán") é unha illa grega deshabitada aproximadamente 15 km ao sur de Creta preto de Ierapetra no mar de Libia. Aproximadamente a 700 m ao leste da illa está a illa de Mikronisi. Administrativamente estas illas atópanse dentro do municipio Ierapetra en Lasithi.

Chrysi
Χρυσή
Chrysi en Grecia
Chrysi
Chrysi
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaIlla de Creta
MarMar Mediterráneo
Coordenadas34°52′20″N 25°42′30″L / 34.87222, -25.70833Coordenadas: 34°52′20″N 25°42′30″L / 34.87222, -25.70833
Xeografía
Superficie4´743 km²
Longura máxima5 km.
Largura máxima1 km.
Punto máis alto31 m. Kefala
Demografía
Poboación3 hab. (2011)
Lingua propiaGrego
Golden coast

Turismo editar

 
Praia de Chrysi

É posible visitar Chrissi por mar desde Ierapetra e desde Myrtos. Hai unha praia nudista na costa norte da illa. O punto máis alto da illa chámase Kefala ("cabeza") e ten unha altitude de 31 m sobre o nivel do mar. Na parte occidental da illa atópase a capela de San Nicolás (estimase a data no século XIII). Tamén hai un salar, un antigo porto, algunhas ruínas minoicas, un faro e un cemiterio romano. Debido ás augas pouco profundas ao redor de Chrissi, o snorkel e o mergullo son dous pasatempos populares. As baías Belegrina, Hatzivolakas e Kataprosopo teñen unha ampla diversidade de cunchas.

É posible chegar á illa desde Ierapetra entre mediados de maio e finais de outubro.

Protección do medio ambiente editar

Chrissi está protexida como "área de intensa beleza natural". A illa ten o maior bosque natural de Juniperus macrocarpa en Europa. Non hai auga potable na illa. A maioría das árbores teñen unha idade media de 200 anos cunha altura media de 7 m, algunhas das árbores de 300 anos de idade teñen 10 m de altura. A densidade é aproximadamente 28 árbores por hectárea.[1]

Referencias editar

  1. Natura 2000 site GR 4320003 Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (Grego)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar