Christopher Tolkien

editor literario inglés, fillo de J. R. Tolkien

Christopher John Reuel Tolkien, nado en Leeds, Inglaterra, o 21 de novembro de 1924 e finado en Draguignan o 15 ou 16 de xaneiro de 2020,[1] foi mellor coñecido como o fillo do escritor John Ronald Reuel Tolkien, do que era o segundo fillo máis vello, e mais como o editor da maior parte do traballo do seu pai, publicado de maneira póstuma.

Infotaula de personaChristopher Tolkien
Biografía
Nacemento(en) Christopher John Reuel Tolkien Editar o valor em Wikidata
21 de novembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Leeds (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xaneiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Draguignan (Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónDragon School (pt) Traducir
Trinity College, Oxford (en) Traducir - filoloxía inglesa
The Oratory School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFantasía, literatura inglesa e literatura fantástica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , profesor universitario , editor literario , novelista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFantasía Editar o valor em Wikidata
MovementoInklings Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Air Force Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBaillie Tolkien (1967–)
Faith Tully Lilly Faulconbridge (en) Traducir (1951–) Editar o valor em Wikidata
FillosAdam Tolkien (pt) Traducir
 () Baillie Tolkien
Simon Tolkien (pt) Traducir
 () Faith Tully Lilly Faulconbridge (en) Traducir
Rachel Clare Reuel Tolkien (en) Traducir
 () Baillie Tolkien Editar o valor em Wikidata
PaisJ. R. R. Tolkien Editar o valor em Wikidata  e Edith Bratt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohn Tolkien, Priscilla Reuel Tolkien (pt) Traducir e Michael Tolkien (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1036123 Dialnet: 1660029 Last fm: Christopher+Tolkien Musicbrainz: 09b96c29-c950-4724-95e8-7d2b895156ed Discogs: 1267217 Allmusic: mn0001173251 WikiTree: Tolkien-5 Find a Grave: 206297513 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os Tolkien: pai e fillo editar

Tolkien pai escribiu moitísimo material vinculado á mitoloxía da Terra Media, que non foi publicado mentres vivía; aínda que orixinalmente a súa intención era publicar O Silmarillion xunto con O Señor dos Aneis, e xa había partes moi desenvolvedas, morreu en 1973 deixando o proxecto inconcluso.

Christopher foi sempre parte da audiencia crítica da fición do seu pai, primeiro como neno, escoitando as historias de Bilbo Bulseiro, e logo como un adolescente e novo adulto, retroalimentando o seu pai en O Señor dos Aneis durante os últimos anos da súa xestación, e incluso participando nos debates literarios dos Inklings. O propio Christopher asignouse a tarefa de interpretar os, a miúdo, confusos mapas da Terra Media, co fin de xerar as versións mostradas nos libros. Christopher redebuxou o mapa principal a finais dos 70, para aclarar as letras e corrixir algúns erros e omisións.

Posteriormente, o fillo seguiu os pasos do pai, converténdose en lector e titor de Lingua inglesa na Universidade de Oxford.

Morte do pai editar

Tras a morte do seu pai, Christopher púxose a organizar todas as notas do seu pai, algunhas das cales estaban escritas en vellos recortes de papel. Moito do material estaba escrito á man, con frecuencia un simple esbozo estaba escrito sobre outro esbozo anterior, e os nomes das personaxes cambiaban continuamente entre o comezo e o fin do mesmo texto. Descifrar isto foi unha ardua tarefa, e talvez só alguén coa proximidade ao autor que posuía Christopher, e tan coñecedor na evolución das historias, podía facer que todo concordase. Aínda así, Christopher admitiu que moitas veces tivo que adiviñar o que o seu pai quixo dicir.

Non obstante, ao traballar con Gui Gavriel Kay, puido publicar O Silmarillion en 1977, seguido dos Contos inconclusos de Númenor e a Terra Media en 1980, e os doce volumes de The History of Middle-earth, entre 1983 e 1996.

Notas editar

  1. Amalric, Laurent (16 de xaneiro de 2020). "Christopher, le fils de J.R.R. Tolkien, s'est éteint dans le Var à l'âge de 95 ans". Var-Matin (en francés). Consultado o 16 de xaneiro de 2020.