Christopher Lee
Actor e cantante inglés (1922–2015)
Christopher Frank Carandini Lee, nado o 27 de maio de 1922 en Londres e finado o 7 de xuño de 2015 na mesma cidade[1], foi un actor británico, coñecido por interpretar a personaxes malvados en case todos os seus filmes. Participou en máis de 200 películas desde o ano 1948. A súa grande afección ao deporte, así como a súa altura (1,96 metros), convertérono nun dos actores cun físico máis impresionante do panorama cinematográfico internacional.
Notas editar
- ↑ "Muere Christopher Lee a los 93 años". Diario de Pontevedra (en castelán). 11 de xuño de 2015. Consultado o 11 de xuño de 2015.
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |