Christijan Albers

Christijan Albers

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Países Baixos holandés
Anos en activo 2005 - 2007
Escudería(s) Minardi, Midland, Spyker
Grandes Premios disputados 46
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 2005
Derradeiro GP Gran Premio de Gran Bretaña de 2007

Christijan Albers, nado en Eindhoven o 16 de abril de 1979, foi un piloto neerlandés de Fórmula 1 e de DTM. Conduciu para Minardi, Midland e Spyker en F1, e para AMG-Mecerdes en DTM, onde acadou un segundo e un terceiro na clasificación final en 2003 e 2004.

Traxectoria editar

Iniciouse nos karts obtendo o campionato nacional danés da disciplina en 1997. Nese mesmo ano tamén foi campión na Fórmula Ford 1800 nos Países Baixos e Bélxica, e participou na serie Renault Mégane.

En 1998 pasou ao Campionato de Alemaña de Fórmula 3, categoría na que obtivo o título no 1999 tras gañar en 6 carreiras. No seguinte ano participou no campionato internacional de Fórmula 3000 e tamén na Fórmula europea.

 
Christijan Albers, Spyker M16, (2006).

No 2001 Albers participou na DTM, categoría na que obtivo o subcampionato tras acadar 4 vitorias. Ao mesmo tempo desenvolveu actividades coma piloto de probas da escudaría Minardi de Fórmula 1, e pilotou o bipraza do equipo empregado para fins promocionais. En novembro de 2004 obtivo o mellor rexistro nas probas de Misano di Gera d'Adda.

Albers foi confirmado para a tempada 2005 de Fórmula 1 como piloto titular de Minardi. Non acadou resultados de relevancia nas primeiras carreiras do ano. Ao finalizar a tempada, na que conseguiu catro puntos no Gran Premio dos Estados Unidos, Albers foi confirmado coma piloto principal de Midland F1 Racing.

Na tempada 2007 de Fórmula 1 foi confirmado piloto oficial do equipo Spyker F1 Team, xunto ao seu compañeiro de equipo Adrian Sutil, pero tralo non pagamento do seu patrocinador deixou de correr con esta escudaría, facendo o seu último gran premio en Silverstone.

Resultados na Fórmula 1 editar

Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Posto Puntos
2005  

Minardi

AUS
9
MYS
13
BAH
13
SMR
9
ESP
9
MON
14
EUR
17
CAN
11
USA
5
FRA
11
GBR
18
GER
13
HUN
10
TUR
9
ITA
19
BEL
12
BRA
14
JPN
17
CHN
17
19º 4
2006  

Midland

BAH
10
MYS
12
AUS
9
SMR
Ret
EUR
13
ESP
Ret
MON
12
GBR
15
CAN
Ret
USA
Ret
FRA
15
GER
DSQ
HUN
10
TUR
Ret
ITA
17
CHN
15
JPN
Ret
BRA
14
22º 0
2007  

Spyker

AUS
Ret
MYS
Ret
BAH
14
ESP
14
MON
19
CAN
Ret
USA
15
FRA
Ret
GBR
15
EUR
DNP
HUN
DNP
TUR
DNP
ITA
DNP
BEL
DNP
JPN
DNP
CHN
DNP
BRA
DNP
25º 0

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar