Christiane Gohl
Christiane Gohl, nada en Bochum (Renania do Norte-Westfalia) en 1958, é unha escritora alemá, que escribe baixo os pseudónimos de Sarah Lark, Ricarda Jordan, Elisabeth Rotenberg ou co seu propio nome.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 Alemaña Bochum, Renania do Norte-Westfalia |
Datos persoais | |
Residencia | Los Gallardos |
País de nacionalidade | alemá |
Actividade | |
Ocupación | Guía de turismo, Periodista, Redactora, Escritora |
Xénero artístico | Novela |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Sarah Lark Elisabeth Rotenberg Ricarda Jordan Leonie Bell |
Lingua | Lingua alemá, lingua inglesa e lingua castelá |
Traxectoria editar
O seu verdadeiro nome, Christiane Gohl, foi substituído a petición dos editores alemáns, por ser identificado como "a muller dos cabalos" en referencia aos máis de 150 libros sobre equitación, aínda que algúns deles asinounos cos nomes de Elisabeth Rotenberg, Leonie Bell e Stephanie Tano. Asina as súas novelas cos pseudónimos de Sarah Lark e Ricarda Jordan.[1]
Visitou España como turista e decidiu establecerse. O seu soño frustrado foi estudar veterinaria, xa que se declara unha "amante empedernida" dos animais.[1]
Estudou Educación, traballou como xornalista e redactora publicitaria, ademais foi guía turística, profesión que lle permitiu coñecer e encandearse con Nova Zelandia. Neste país transcorren as historias que a fixeron unha autora recoñecida no xénero da novela, coa súa trama baseada na cultura dos maorís e a colonización de Nova Zelandia.[2]
Nun principio, o libro Im Land der weißen Wolke ía ser un só, pero debido a que se converteu nun best-séller, tomou a decisión de continualo, facendo deste unha triloxía.[3] Polo de agora só hai dous libros editados da triloxía; ambos teñen como personaxe principal a unha muller.
Obras editar
Como Christiane Gohl editar
- Ein Pflegepferd für Julia (1993)
- Julia und das weiße Pony (1993)
- Julia und der Hengst aus Spanien (1993)
- Julias erster Wanderritt (1994)
- Julia und das Springpferd (1995)
- Ein Traumpferd für Julia (1996)
- Julia und ihr Fohlen (1996)
- Julia - Aufregung im Reitverein (1997)
- Freizeitpferde selber schulen (1997)
- Julia – Ferienjob mit Islandpferden (2002)
- Julia und der Dressurstar (1998)
- Julia - Neue Pferde, neue Freunde (1998)
- Julia - Ein Pferd für zwei (1999)
- Julia und der Pferdeflüsterer'(1999)
- Julia - Reitbeteiligung gesucht (2000)
- Julia und die Nachtreiter (2000)
- Julia und das Reitturnier (2001)
- Julia - Eifersucht im Reitstall (2001)
- Julia - Ferien im Sattel (2002)
- Julia – Reiterglück mit Hindernissen (2005)
- Julia am Ziel ihrer Träume (2006)
- Ein Pony für uns beide (2009)
Como Elisabeth Rotenberg editar
- Von Ponys und Pferden (1998)
- Vom Reiten und Voltigieren (1999)
Como Ricarda Jordan editar
- Die Pestärztin (2009)
- Der Eid der Kreuzritterin (2010)
- Das Geheimnis der Pilgerin (2011)
- Das Erbe der Pilgerin (2012)
- Die Geisel des Löwen (2013)
Como Sarah Lark editar
Triloxía dos maoríes (ambientada en Nova Zelandia) editar
- Im Land der weißen Wolke (2007)
- Das Lied der Maori (2008)
- Der Ruf des Kiwis (2009)
Outras obras ambientadas en Nova Zelandia editar
- Das Gold der Maori (2010)
- Im Schatten des Kauribaums (2011)
- Die Tränen der Maori-Göttin (2012)
- Die Zeit der Feuerblüten (2013)
Serie Jamaica editar
- Die Insel der roten Mangroven (2011)
- Die Insel der tausend Quellen (2013)
Outras novelas editar
- Ruf der Dämmerung (2012)
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Los hombres se asustan al ver 800 páginas en un libro" artigo de Álvaro Argote no diario El Mundo, Literatura. 15 de abril de 2011 (en castelán).
- ↑ Biografía de Sarah Lark Arquivado 18 de maio de 2013 en Wayback Machine. en Quedelibros. Consultado o 17 de xullo de 2012.
- ↑ Entrevista a Christiane Gohl - Sarah Lark en Entremontonesdelibros. 28 de abril de 2012.