Christian Karembeu

futbolista francés

Christian Lali Kake Karembeu, nado en Lifou (Nova Caledonia) o 3 de decembro de 1970, é un exfutbolista francés de orixe kanaka. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección francesa.

Christian Karembeu
Karembeu no 2014
Información persoal
Nome Christian Lali Kake Karembeu
Nacemento 3 de decembro de 1970 (53 anos)
Lugar de nacemento Lifou
Altura 1,77 m
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1995 Nantes 130 (5)
1995–1997 Sampdoria 62 (6)
1997–2000 Real Madrid 51 (1)
2000–2001 Middlesbrough 33 (4)
2001–2004 Olympiakos 68 (3)
2004–2005 Servette 12 (0)
2005 Bastia 7 (0)
Selección nacional
1992–2002 Francia 53 (1)
Na rede
IMDB: nm1165512 Twitter: karembeu Instagram: christiankarembeu98 Musicbrainz: 736c9cc9-d2a1-4bc8-8059-26cd2c1f06d5 Discogs: 1414673 FIFA: 96074 UEFA: 20828 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Durante a súa carreira, Karembeu xogou no FC Nantes (1990-1995), no UC Sampdoria (1995-1997), no Real Madrid CF (1997-2000), no Middlesbrough FC (2000-2001), no Olympiakos (2001-2004), no Servette FC (2004-2005) e no SC Bastia (2005). Co equipo español gañou a Champions League no 1998 e no 2000. Foi un dos xogadores claves na consecución do título do 98.

Selección nacional editar

Karembeu foi internacional con Francia en 53 ocasións, marcando un só gol. Formou parte da histórica selección do país galo que acadou o triplete do Mundial de 1998, a Eurocopa do 2000 e a Copa Confederacións do 2001. Tamén estivo presente na Eurocopa de 1996.

Ademais, foi nomeado como mellor xogador da OFC en 1995 e 1998. A OFC reúne ás federacións de fútbol de Oceanía.

Vida persoal editar

O bisavó de Christian Karembeu, procedente de Nova Caledonia, foi un do cento de kanakas que foron levados a París en 1931 e expostos como "caníbales" polos franceses na Exposición colonial internacional de París. Máis tarde os "caníbales" foron intercambiados con Alemaña por algúns crocodilos.[1] Por este motivo e polo pasado colonial francés non cantou nunca no campo o himno francés, A Marsellesa.[2]

Karembeu casou coa modelo eslovaca Adriana Sklenaříková, que coñeceu nunha viaxe de avión.[3] A parella separouse en marzo de 2011 e divorciáronse en decembro de 2012.[4]

Palmarés editar

Club editar

Nantes
Real Madrid
Olympiacos

Selección editar

Francia

Individual editar

Notas editar

  1. Political Football: Lilian Thuram Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Channel 4, consultado: 25 de decembro de 2011
  2. "Biografía de Christian Karembeu". Le Figaro (en francés). Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  3. perfectpeople.net (ed.). "Perfect People". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
  4. France Today. "France Today". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar